María da Vrea: Puxeron unha meta a ver que cheghaba máis pronto a aquela meta, o raposo e mais o sapo. E entonces dixeron:
—A ver, ala, una, dos y tres!
Vai o sapo, ponse na punta do rabo do raposo, e o raposo corre, corre, corre, cheghou á meta, dou a volta e díxolle:
—Eu xa estou aquí!
E sale o sapo:
—I eu antes ca ti!
Calros Solla: Ben falado, ben falado.
María da Vrea: E logo!
Autor/a da transcrición: e~xenio