Calros Solla: O o conto este do,o,o do home que veu de traballar, e que por facerlle a broma á muller fíxose o morto.
María da Vrea: Ai, si! Veu de traballar, e entonces díxolle ela:
—Bueno, a ver, que che vou preparar a cena.
E díxolle el:
—Non, non teño ghana. Veño moi cansado e non teño ghana de cenar.
—Ai, Dios mío, como vas ir sin cena pa a cama!
—Si, si. Non teño ghana. Ti fai os teus labores, cena e despois vés pa a cama.
El coa idea de lle meter unha,a,a unha mentira, unha pulla á muller. Entonces foi, e que fixo? Embadurnouse todo co borro da sartén; despois marchou pa a cama e estaba, así, coas mas, tendo conta que a sábana non manchara. E cando cheghou a muller, el fixo o morto e e dixo ela:
—Ai, e morreu o meu Manueliño! I aghora que lle fagho? Dios mío, pois aghora chamo pola xente! Ai, pero non! Primeiro vouno vestir, vouno arreghlar algo se non, a ver.
Resulta que ela empezouno a cofear, a quitarlle unha roupa, poñerlle a outra, que tal e cual, e ao home levantóuselle o asunto. Vai ela, saleu pola ventana toda asustada, dixo:
—Ah, vinde acá veciños, e nunca vin outra na miña vida, o home envolto, i a carralla viva!
Calros Solla: I o,o,o.
María da Vrea: Claro, era unha novedá!
Autor/a da transcrición: e~xenio