Ai! Unha que lle enfermara a vaca e díxolle:
—Ai, teño unha vaca i os i os vetrinarios nada, non lle dan con a enfermedá!
E díxolle a outra á veciña:
—Ai, pois mira, o cura (seique) che ten moi boa man pa as vacas! Lévaa onde ao cura!
—Pois levo.
E colleu a vaca e levouna onde ao cura.
E díxolle el:
—Bueno, pois tes que facer o que che eu mande!
—Ai, si señor, ante a salú da vaca!
E vai el, dixo:
—Pois tes que desnudarte, deitarte neste banco de panzas arriba!
E vai a outra e o fixo.
—Pois se é pola vaca, que todo sea!
E claro, o cura tamén se desnudou e andaba:
—Arredor, darredor pra que a vaca veña a millor! Arredor, darredor pra que a vaca vaia a millor!
E a vella xa se estaba cansando e díxolle ela:
—Mire, vaia usté polo medio anque a vaca non teña remedio!
Tanta parsimonia era moita!
Autor/a da transcrición: e~xenio