María da Vrea: Ese era o pobre que, a iglesia estaba aberta todos los días i había a lámpara do aceite e de alumbrar. Entonces, deci/ o pobre iba pola iglesia arriba e:
—Santo santiño, e ti déixasme mollar o meu codeliño?
E sacaba o pan que (podía) e mollábao no aceite e comíao. E entonces o cura chamoulle a atención ao sancristán, díxolle:
—Home, pero ti, como me comes o aceite da da lámpara!?
—Eu non son!
—Pois el falta! Así que alghén o come, tes que ser ti!
E dixo el:
—Pois para! Que me vou esconder de/
Había un santo que estaba alí, e tiña un pan un pau na man, estaba así co pau, e el cheghaba decíalle:
—Santo santiño, e déixasme mollar o meu codeliño?
O santo non decía nada, como estaba así co dedo, o outro mollaba e mollaba! E dixo el:
—Ah! Mira como xa encontrei quen quen quen comera o aceite, quen o levaba!
(E púxose), e vai e chegha o pobre:
—Santo santiño, déixasme mollar o meu codeliño?
E o outro iba mollar o codeliño, e sálelle o que estaba escondido detrás do santo:
—Santo santallo, cara de carallo! S'antes non quixeches, por que no dixeches?
Calros Solla: Porque o que estaba detrás aghochado detrás do santo, baixoulle unha.
María da Vrea: O pau.
Calros Solla: Baixoulle o pau, deulle un estacazo.
María da Vrea: I o outro claro, dixo:
—Santo santallo, cara de carallo! S'antes non quixeches, por que no dixeches?
Autor/a da transcrición: e~xenio