María da Vrea:
O cura marchou decir a misa e díxolle á criada:
—Prepara o capón pa comer.
E o cura marchou. E a criada dixo:
—Pero non dixo como quería que llo preparara!
Colleu de echarpe, pon; colleu o capón, metouno no colo, e cando o cura, porque antes decían a misa de espalda pa xente, cando dou a volta:
—Dominus vobiscum!
Ela destapoulle a cabeza, e díxolle el:
—Marieta, Marieta; eso que me has enseñado lo pondrás en estofado, sal, pimento y pimentoro, por Cristo Dominum nostrum!
Calros Solla: E a parroquia dixo.
María da Vrea: Amén!
Calros Solla: Amén!
María da Vrea: Así sea!
Autor/a da transcrición: e~xenio