Calros Solla: A bendición do forno.
María da Vrea: Non tes a bendición do forno?
Calros Solla: Que quede ghravada.
María da Vrea: Como é!? Coa pa, ao acabar de botar o pan ao forno, coa pa fánselle:
Dios bendigha o pan no forno,
a gracia de Dios polo mundo todo;
quen mal nos queira
no ceo nos vexa.
Un padrenuestro i unha avemaría
a nuestra señora la Virgen María
y un padrenuestro a san Amaro
pra que non salga cru nin queimado.
Autor/a da transcrición: e~xenio