Unha vez era un cura, e estaba decindo a misa e entonces cheghou unha vella e cheghou tarde á misa eee díxolle o cura:
—Amadísimos feligreses, como veis, bajar la cabeza que os va a venir una invasión de mosquitos y os pueden dejar ciegas.
Ala van as vellas todas! Collen (as) saias, todas tiñan vuelo, déronlle a volta á saia por riba da cabeza. Cheghou un, cheghou tarde á misa e veu aquel panorama, paf!, enchufoullo á vella, e díxolle a vella:
—Pica, raio, pica! Por ben que piques, cegha non me has de deixar!
Autor/a da transcrición: e~xenio