Calros Solla: Cantos anos foi á,á,á á escuela?
María da Vrea: Eu? Bueno, pois mira, como había que chamar as vacas, a ghradar e mais a labrar. Si algún día tiña que chamar as vacas, e chegaba a maestra: «Josefa, tes que me mandar a rapaza que vai vir a ispetora e non teño quen lle conteste, e tén que melle contestar». Se non ela quedaba en mal lughar, a maestra.
Calros Solla: E vóstede recitáballe o Romance da condesita e i o ispector xa.
María da Vrea: No, contestaba contestáballe (ás) preguntas que me facía a ispetora, que era o que había que facer, e si algunha vez, a miña compañeira de pupitre e mais eu, xa non é a primeira vez que estabamos entretenidas as dúas: «Ui, que me pica aquí!?». Aquí viña un piollo, corre polo libro, ala! Vía libre! (E) así daquel tempo.
Calros Solla: Xa. Con piollos ou non, bo foi por ter ido á escuela, eh!?
María da Vrea: E decía e decía ela, a chegar á escuela, e entonces había que mirar as orellas; facerlle así ao pelo; as mas, se iban limpias; e se non, a lavarte á presa da agua.
Calros Solla: E,e,e i as rapazas separadas dos rapaces.
María da Vrea: Si, a escuela dos rapaces era unha, i a das rapazas era outra.
Calros Solla: E no recreo estaban xuntos?
María da Vrea: Si, estábamos xuntos alí, eles xoghaban ao deles, e nós xogabamos ao noso.
Calros Solla: I a que xoghaban?
María da Vrea: Uf! Xoghabamos a,a,a a esto:
—De Francia vengo, señores,
un pollito portugués;
en el camino me han dicho
que lindas hijas tenés.
—Si las tengo o no las tengo,
no las tengo para dar.
—Del pan que yo comiera,
también ellas comerán;
y del agua que yo bebiera,
también ellas beberán.
—Yo me voy muy bien dejado
a los palacios del rey;
a cuenta de mis señores
lo que vos me respondei.
—Escojo esta por bonita,
por bonita y por clavel;
que me parece una rosa
acabada de nacer.
—Téngala usté bien guardada.
—Bien guardada la tendré,
sentadita en silla de oro,
bordando paños al rey.
Azotitas con correas
en el culo se las daré,
mojaditas en vinagre
para que le sepan bien.
Calros Solla: E que cousas aprendeu na na escola, si?
María da Vrea: Pois aprendera a leer, a escribir o que sei, e mais a comportarse coa xente porque decíanos mamá, que en paz estea, decía ela: «Bueno, cando pasedes por onda o señor cura, o maestro ou así, ou o médico, se é á mañán, decídeslle buenos días, e se é á tarde, dádeslle as buenas tardes, e s'é así, contra a noitiña, pois xa lles ides dando as buenas noches».
Moi ben, eu pasei por onda a maestro: «Buenos días, buenas tardes, buenas noches». Ala! Xa levou todo. Se non lle cheghou un, deille os tres!
Autor/a da transcrición: e~xenio