Interveniente: Había o dito ese, era moi popular.
Francisco Morán Crecente: Si, si. Home troiteiro nin meda nin palleiro.
Interveniente: Porque claro, se andaban moito nas troitas e non atendían na casa... O que pasa é que estes andaban nas troitas e mais atendían na casa.
Francisco Morán Crecente: Eu teño sacado muchos cartos das troitas, eh!
Interveniente: Ai, si!
Francisco Morán Crecente: Eu acórdome unha vez, o día da festa de Bazar, porque íbamos á festa eu i mi mujer, en paz descanse, yyy teníamos una peseta sola, una peseta, eh! Todos sabemos, estes a lo mejor no lo sabés lo que es una peseta.
Intervenientes: Si, si.
Interveniente: Saben, saben, saben.
Francisco Morán Crecente: Pero claro con aqueles cartos non iba pra a festa!
Lois Pérez: Non, ho!
Francisco Morán Crecente: Vén por aquí teu teu abuelo Castor, vén por aquí, que viña da presa do bosque e traguía a caña, claro, baixara pola presa do bosque, e iba de invitado a (Incomprensíbel). E peleu co/ vente comigo hastra tal que así que tiren os fuegos de salir da misa xa marcho pa (Incomprensíbel) e tal. E díxome, eu non quería ir, e díxome Consuelo: “Pero vai, home, mentes mentes mentes eu fago de comer, vai e despois vés”.
Mira, e fomos por este lao, por este lao do río Miño, aquí, entonces Castor ao chegar á ponte Liñares, tiraron os fuegos de salir da misa, e dice: “Bueno, pois ahora eu xa me vou pa (Incomprensíbel). Marchou pa (Incomprensíbel) e eu, claro, seguín polo polo outro lado polo río. E tiñamos unha cousa, non me acordo que era, pa facer aquel día. Díceme, fun, cheguei á ponte de Outeriro e vendín as troitas, que inda collera.
E (claro) ao que cheguei á casa despois co cesto baleiro, i Consuelo, en paz descanse, a miña muller, dixo: “Mira non tras nada e pasaches a tarde aló, e non fixemos o traballo”. E entonces saquei os cartos do peto e díxenlle: “Mira xa teño cartos pa irmos á festa”. Cambiou, cambiou de semblante.
Interveniente: Canto traías? Canto traías, non te acordas?
Francisco Morán Crecente: Non m'acordo, pero aínda traguía.
Interveniente: Xa.
Autor/a da transcrición: e~xenio