Francisco Morán Crecente: Miña muller conocina que eu iba co pan á de Monte, eu era sempre o que iba co pan á feira de de Monte. E claro, había un un vecino d’aquí, que era Vítor de Silvestre, que que que lle falaba, andaban sempre xuntas, a miña muller e mais aquela aquela moza do do d’aquí. Entonces eu así que vendía o pan i así que tal, comíamo comía i el, o o o veciño viña pra cabo min, e despois íbamos, eu aparéxabame a a Consuelo, i el á rapa/ á muller, á rapaza del. E empezamos así nunha e noutra, un día era a festa de unha festa de Goá, i outra en en en, non me sale.
Lois Pérez: Aparexou.
Francisco Morán Crecente: Eu aparexábame a ela, e entontes un día ocurríuseme, porque eu tiña unha chavala en Outeiro, que había muito tiempo que le ha/ falaba, que era unha das de Pino de Outeiro que casou despois co Basanta, eu faleille moito tempo a aquela muller, a aquela rapaza, e entonces, claro, eu aparexeime, e un día que era esa festa en Goá, pedinlle palabra pa a festa, tanto me daba, ai, e dixo: “Xa cho direi alí. Xa cho direi (alló)”. Empezoume: “Ya le lo diré alló”. Decía: “No no, eu se non me eu se non me dás palabra non vou que vou aaa era en (Pazos)".
Interveniente: En (Pazos).
Francisco Morán Crecente: Si non vou a (Pazos) que me cadra moito máis cerca.
Interveniente: Era o mismo día.
Francisco Morán Crecente: E claro era o mismo día. E entonces, claro, non ma deu, e fun a (Pazos) porque a (Pazos) tiña a de Outeiro.
Lois Pérez: E ben (deitaches) de ir a Pacios? Foi ben logo ir?
Francisco Morán Crecente: No, no é que é que eu en Pacios tiña a chava/ tiña a chavala que tiña a chavala que lle fala/ que había moito tempo que lle falaba.
Lois Pérez: Xa
Francisco Morán Crecente: Había máis de tres anos que andaba con ela, eh!
Lois Pérez: Xa.
Francisco Morán Crecente: Eee e despois empezaba nunha e outra o día de feiras de Castro, o sea, da de Monte iba sempre aparexarme a ela, i empezamos así i así empezamos e, i así foi.
Lois Pérez: Moi ben.
Francisco Morán Crecente: Deixei a outra e casei con ela.
Autor/a da transcrición: e~xenio