Pois esto contábao miña abuela e contábao miña nai, bueno miña nai aínda o pode contar que inda vive. Eu teño sesenta e un anos, eu non nacín aquí, eu nacín en Puentedeume, concretamente nunha aldea que se chama Esteiro.
- Venidera eres!
- Si, si, son venidera. Pero bueno,levo aquí trinta e nove anos así que...Bueno, resulta que en Puentedeume había lanchas que iban á area na ría de Ares. Á ría de Ares iban á area miña abuela e un irmán que andaban nunha desas lanchas i...
- De Pontedeume a Ares buscar area?
- Na ría de Ares si, na desembocadura do río Eume hacia Ares. I vai, o sea, unha señora de alí, que eu non conocín, predixo a morte do irmán de miña abuela e mais dos compañeiros que iban nunha lancha á area i se foi a pique i morreron tres ou catro, salvouse un ou dous, pouco. O sea, foron máis mortos pero se salvaron. Entonces unha señora de alí, veciña, predixo que iba haber unha desgracia mui grande na aldea e que, claro hoxe hai coches, pero daquela (incomprensíbel) eu aínda o recordo perfectamente, desde a funeraria onde estaban as caixas hasta as casas, que se velaba nas casas aos mortos pos había unha persona encargada de levar desde a funeraria a caixa á casa do morto.
Bueno, pos esa señora predixo que fulana de tal que era a que carretaba a caixa, que a iba, que iba cansarse de levar a caixa e que a iba pousar nun, nunha muralla alí que lle cadraba de camiño. Dixo vai haber unha desgracia moi grande, cando veña fulana ca caixa vaina pousar aquí, pero esto unhos días antes e pasou a desgracia, que na desgracia morreu o irmán de miña abuela. I efectivamente, tal como a señora o predixo, así sucedeu: a señora que levaba a caixa, pousouna naquel muro i...para descansar i tal como ela o dixo así sucedeu, así sucedeu.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro