Din que mandaches as gaitas tocar ledo
i as gaitas choraban.
No monte de Sanxurxo, de camiño ao mar e
(incomprensíbel) castro detívose a tarde
no seu devalar incesante
agardando, como quedarais, a túa chegada
Din que mandaches as gaitas tocar ledo
i as gaitas choraban.
A túa fuxida alónxase
como unha sombra doce nos soños da (incomprensíbel)
e nós, á terra entregamos con bágoas de morte
as túas cinzas quentes.
Din que mandaches as gaitas tocar ledo
e as gaitas choraban.
Deixamos unha (secoia), fráxil e teimuda coma ti
gardando os camiños da Riveira
I o tempo sin calendario no que adormecen
os días ás noites de regreso.
Din que mandaches as gaitas tocar ledo
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro