Branca Villares: I vouvos facer unha pregunta un pouco comprometida, que si en vez de Reis houbera Raíñas, que vos parecería?
Manuel Aira "Roque": Bienvenidas sean!
Roberto Raposo: Sin problema ningún.
Manuel Aira "Roque": Sin problema ningún, unha condición.
Branca Villares: A ver.
Manuel Aira "Roque": Unha condición.
Branca Villares: Porque como dixo José María ten que ser proclamación. Si non, non é. Si non, non é. Esta monarquía d'aquí, si non é por (aclamación), non é.
Manuel Aira "Roque": Claro.
Branca Villares: Dime.
Manuel Aira "Roque": Hai que poñerlles unha condición, que non os veñan avasallar tampouco. Claro que non nos veñan anular.
Branca Villares: Como vos van anular?
Manuel Aira "Roque": Claro, nosoutros recibilas, encantados.
Branca Villares: Como vos van anular? Estades dispostos a compartir a coroa con mulleres?
Manuel Aira "Roque": Por que non?
Roberto Raposo: Sin problema ningún.
Manuel Blanco: Como debe ser.
Manuel Aira "Roque": Eu, todo o que lle, todo o que son débollo ás mulleres; a primeira, á miña mai en paz descanse, claro; a segunda, á muller, a compañeira que teño por muller, e por muller que é, e penso deixar os meus legaos, se é que queda algo, a mulleres, ás miñas fillas.
Manuel Blanco: Sin a muller, non hai mundo, non hai vida.
Branca Villares: O sea, que si encontramos mulleres d'aquí da zona do Cebreiro.
Manuel Aira "Roque": Olvídate.
Branca Villares: Do Caurel.
Manuel Aira "Roque": Non o intentes. No Caurel non sei.
Branca Villares: Eu teño unha lista.
Manuel Aira "Roque": Tamén hai un refrán que dice, pero non vou, non vou decir ahora, apréndeo por si acaso, eh. Hai un refrán que dice aí, non che vou decir cal é. (Incomprensíbel).
Manuel Blanco: O refrán podíalo decir.
Manuel Aira "Roque": Non.
Branca Villares: Digo eu.
Manuel Aira "Roque": Non se pode. Eu non, non creo que sea verdadeiro, sin embargo creo en todos os refráns. Ese penso que pode ser o único que non sea verdadeiro, pero ante la duda.
Manuel Blanco: Bueno, no Caurel non quedan mulleres.
Branca Villares: Como non van quedar ho?
Manuel Blanco: Sesenta e seis mulleres do Caurel están casadas na zona de Pedrafita. Así que pode quedar alí? (De) se viñeron doutra zona.
Branca Villares: Como levas a conta, eh!
Manuel Blanco: Si. Sesenta e seis. No pueblo de Pedrafita, xa hai cinco, hasta a muller do alcalde é do Caurel, ou era. Si.
Manuel Aira "Roque": Non creo que haxa moito, ao mellor, aiquí, aiquí non hai.
Roberto Raposo: Aiquí non hai.
Manuel Aira "Roque": Aquí non queda. Non sei, a ver, é moito falar o meu pero non creo.
Roberto Raposo: O que pasa que Blanca eu xa sei p'onde ten a orientación, é como (Incomprensíbel) tíranlle os grupos tamén i estas cousas muitísimo.
Branca Villares: Hai máis mulleres do Caurel, hai máis. Eu quería preguntar pra.
Roberto Raposo: Xa, xa.
Branca Villares: Para saber.
Manuel Blanco: Se houbera máis, xa se.
Manuel Aira "Roque": Pola parte que a min me corresponde, polo que a min respeta, teñen vía libre.
Branca Villares: Pero comparti/ compartir o traballo, quero decir.
Manuel Aira "Roque": Compartimos todo o que fagha falta.
Roberto Raposo: E con apoio ao cen por cen.
Manuel Aira "Roque": Aquí compártese o que fagha falta.
Branca Villares: Correcto.
Manuel Aira "Roque": Encantaos. Que veñen, que veñen aí cuatro Reinas, aí.
Roberto Raposo: Serán, e serán bien aceptadas.
Manuel Aira "Roque": Unha cousa, canto máis bonitas e máis guapas sean.
Roberto Raposo: E, e apoyo total.
Manuel Aira "Roque": Apoyo total. Digho o de guapas e de bonitas/
Branca Villares: Que (cualidá) lle pedís a un Rei ou a unha Raíña para ser Reiceiro ou Reiceira?
Manuel Aira "Roque": As que tiñamos nós.
Branca Villares: No Cebreiro?
Manuel Aira "Roque": Non lle pode/ non lle vamos esigir máis.
Branca Villares: Cales son esas?
Manuel Aira "Roque": Tampouco menos.
Branca Villares: Cales son esas?
Roberto Raposo: Querer cantar os Reis.
Manuel Aira "Roque": Decisión e cantar, i nada más.
Roberto Raposo: Querer cantar os Reis.
Manuel Aira "Roque": Claro. Decisión e cantar.
Roberto Raposo: Decía Roque: Non somos ningún Ju/ Julio Iglesias.
Manuel Blanco: I o momento que levéis eso pra diante, vades cantar ben, que seghuro que cantáis ben.
Autor/a da transcrición: e~xenio