Hai que ver, hai que ver,
como cambiaron os tempos,
antes ligabas na Queira
agora é nos Chubarreiros
pois será, pois será, pois será
culpa da piscina
que alí tomas ben o sol
(incomprensíbel)
Contábame a miña avoa
que na Queira se bañaba
tapada de corpo enteiro
cas augas da mar salgada
Agora veñen as mozas
cos seus corpos celestiais
a lucilos na piscina
e un bikini nada máis
que lles tapa o xusto xusto
pra que non (pequemos máis)
que en Neda somos decentes
e de topless nin falar
Hai que ver, hai que ver,
como cambiaron os tempos,
antes ligabas na Queira
agora é nos Chubarreiros
pois será, pois será, pois será
culpa da piscina
que alí tomas ben o sol
(incomprensíbel)
A ver quen quere en Galiza
aínda que sexa barata
desde que ducha na casa
e a cousa sae (incomprensíbel)
apúntate na piscina
con un bono familiar
e deixa o verán resolto
o problema de ir ao mar
cos (pés cheíños) de area
e sen tempo de falar
cun veciño, cun amigo
ou cun mozo escultural
Hai que ver, hai que ver,
como cambiaron os tempos,
antes ligabas na Queira
agora é nos Chubarreiros
pois será, pois será, pois será
culpa da piscina
que alí tomas ben o sol
(incomprensíbel)
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro
Letra e música: Margarita L. Riobóo.