Manuel Blanco: Hasta os vintedous anos que estuven muitos anos en Veiga de Forcas.
Roberto Raposo: E non fuches logo á de Evaristo?
Manuel Blanco: Non, ho! Á de Evaristo, no. O Evaristo si que sabía deso, si. Era chantadiño, pero sentoume máis dun ano na misma, na misma mesa, na escuela, logo, que sentaba cinco mociñas da miña edá, no cinco, tres i eu catro. I elas por baixo da mesa, (diario), estábanse metendo comigo, elas era por se meter co maestro, i o maestro estaba na mesa del, así, mirando.
Manuel Aira "Roque": I así (tedes) as canelas ahora, daquelas patadas.
Manuel Blanco: Si, o maestro.
Manuel Aira "Roque": Aínda non che curaron!
Manuel Blanco: Tiña unhas gafas gordísimas pero sempre, así, mirando pra baixo da mesa. I as rapazas, que vós conocéstelas.
Manuel Aira "Roque": Eu doume conta agora por que se queixa das rodillas, dispois de sesenta e tantos anos.
Branca Villares: E mira todo de onde lle vén!
Manuel Aira "Roque": Claro.
Manuel Blanco: E logo, o maestro, eu, eu daquela era mui inocente, o maestro era mui espabilado, que o maestro, cando lle parecía, viña á nosa mesa, collía, elas levaban unha trenza de pelo de como daquela xa, e agarraba as tres pola trenza, polas trenzas de pelo e xuntáballes as cabezas, Parai de metervos con Manolo, vouvos cardear, vou tal. Elas caladiñas, en canto marchaba el pra mesa, facían máis coña del, facían muita coña, coña del, eh. I el era, el si que se pasaba d'anos, que non tiña xa porque ser maestro. Tiña anos e anos pero sentábaas na miña mesa pra meterse con elas, que elas comigo dábanme patadas por baixo da mesa, pero outra cousa non.
Manuel Aira "Roque": Teimoso tamén eras.
Manuel Blanco: Non, eu era covarde.
Manuel Aira "Roque": Si non ao día siguiente, non volvías.
Manuel Blanco: Nunca llo dixen, nunca llo dixen ao maestro, el víame.
Manuel Aira "Roque": Logo non eras chivato.
Manuel Blanco: Pero esto cierto. Esto cierto, eh!
Manuel Aira "Roque": Tú recibías as patadas porque eras un home duro que si no tamén chorabas.
Manuel Blanco: Ahora non digáis que o maestro que vos contein que era de Chantada, eh!
Branca Villares: Nada, nada.
Manuel Blanco: Que eu teño amigos, que non vaian decir: Mira que vai contando o do Cibreiro, que o maestro de Chantada agarraba as rapazas polas colas, e dándome a culpa a min. A culpa era delas que non era miña. Pero é verdá, non penses que non era verdá esto que (digo). Elas, as tres, as tres eran un ano máis vellas que eu. Elas tiñan dazasete daquela, i eu dazaseis. Culpa dos anos xa non era tampouco! Os anos, tamén con dazasete anos tiñan que meterse con quen tuveran ao lado, i era eu. Pero era cada día, eh! O que pasa que o maestro era un pouco, xa pasado d'anos. E claro, conta un cousas que dice, eso non era verdá.
Branca Villares: Xa.
Manuel Blanco: O maestro xa o mancaban os anos, xa tiña envidia das rapazas novas, pero pra que as sentaba xunto de min!
Autor/a da transcrición: e~xenio