Sendo eu neno, dez anos, doce anos máis ou menos, dende Barrallobre, coa miña nai e mais con miña tía Fina, a más nova, que é a única tía que vive (que está no Brasil aínda), fumos á Faeira, da terra dela, da terra de miña nai, por parte materna i claro daquela non había coche ningún en que ir, había somente á Faeira, pois había aqueles coches (incomprensíbel) que pola festa do Rosario pois iban a / do resto durante o día non había ningún coche, salvo os que andaban co leite i un cacharro vello que tamén ía e viña pero que era un camión / que viña co carbón desde San Martiño de (incomprensíbel).
Bueno, saímos á mediodía da casa e despois de xantar moi apurados e tal e fumos. Meu pai, recórdome ben, preparoume unha, unha bara de abeleira para eu me apoiar e saímos cara alá e elas me parece que levaban unha (incomprensíbel) ao lombo ou algo así levaban, levarían algo que comer pa o camiño.
Fumos cara arriba: Lavandeira, A Capela, atravesando atallos que elas coñecían e tal do camiño que teñen feito moitas veces, dende alá a aquí e de aquí a alá. I...i bueno, pois chegando alá, despois de pasar Goente, onde nace nas fontes d'alí do (incomprensíbel), en Goente mismo pasando por alí polo lado, pois chegamos ao lugar, tou falando de cinco horas andadas ou seis, non me acordo, pero moitas xa, i chegamos alí a un sitio que lle chaman a Panda, había dúas casas, non sei se aínda existen, senón porque eu ese camiño non o fixen máis. Claro agora (incomprensíbel) asfaltar a carretera. Pero (incomprensíbel) un día como recordatorio vou hasta alí.
Bueno, i...no lugar da Panda paramos, xa paráramos noutros sitios a comer unhos perucos que encontramos polo camiño ou algo e tal. I recordo que alí na Panda había esas dúas casas e como conocían a.../ unha estaba deshabitada e outra estaba habitada e miña nai e miña tía, que coñecían aquela xente, estuveron falando con eles e mandáronos pasar, a min déronme unhas tazas de leite seguramente, que parece que recordo, e elas tuveron un pouco caldo, caldo quente i tal.
Bueno, estaba / era xa cerquiña da noite cando salimos da casa xa era noite pechada pero inda enriba pois botóusenos a néboa encima i non se vía nada. Alí naquela casa, pois me parece recordar que polo menos preparáranlles un pachuzo de palla. Aquelo era unha palla, palla así entrenzada, un pachuzo de palla e fumos andando más ou menos, o pachuzo aquel durou dez ou quince ou vinte minutos,non recordo. Pero pa chegar ao Vilar, o lugar onde íamos alá na Faeira pois inda faltaba, como mínimo, hora e media ou por aí. Miña nai conocía o camiño porque o había feito moitas veces e practicamente saltaba de pedra en pedra i de charco en charco porque conocíao ben e, claro.
Pos entonces diante iba ela guiándonos e trás iba miña tía Fina más eu pola man. Entón nun momento miña nai quedouse parada e dixo: calade, escoitade, anda aí o lobo, anda o lobo por aí. E logho como o sabes e tal? Anda o lobo porque o noto no aire, nótoo no cheiro dicía miña nai. I debía ser certo porque despois (incomprensíbel), seguimos adiante camiñando pouquiño a pouco e dicía ela, miña mai sempre dicía, andade tranquilos, o lobo non fai mal a nadie. Andade tranquilos, o lobo non fai mal a nadie.
Bueno, fumos andando hasta, hasta chegar alá abaixo, ao lugar de, ao lugar da Pereira que era un pouquiño antes de chegar a cas/ ao Vilar, á casa de meu tío Manuel. Entonces, alí abreu un pouco a noite e alá abaixo, nunha ponte que había, mismo no lugar da Pereira que había unha ponte que atravesaba o río que vén de, desde, da parte das Pontes de García Rodríguez e que pasa por alí polo Vilar e pola Pereira vimos o lobo; aquelo si que era o lobo de verdá claro. Eu nunca vira o lobo na miña vida, era como un can grande e tal paseando de aquí pa alá, camiñaba pa aquí, camiñaba pa outro lado e así. Nosoutros dende arriba e ben o víamos e tal.
Entonces miña nai dicía: para, para que aí, o lobo aí non nos vai facer nada, pero o que pasa é que por aí temos que pasar.Bueno, nunnha destas o can, perdón, o lobo levantou a pata e marcou o territorio, osea, mexou contra, contra un valado de alí. Colleu en aquel mismo momento (incomprensíbel) saleu e marcou (incomprensíbel) por alá arriba, cara a montaña, cara, cara ao monte. E...entonces, neste momento chamamos ou fixemos para dicirlle á xente daquel lugar da Pereira, eran varias casas, o que nos pasaba e tal.
(Incomprensíbel) Bueno oh, tranquilos, ese lobo, ese é Antolín, é Antolín, o / ese lobo desde a Pena Panda, desde arriba, desde a Penapanda sempre nos acompaña e xa é amigo, é da familia, é como se fora da casa. Osea que fijate como son as cousas que eu iba temblando como un garabullo, temblando, temblando. Me recordo perfectamente que despois que se foi o lobo eu salín así ca (incomprensíbel), así así, amenazando, claro!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro