Bueno, todo museo ten que ter unha biblioteca técnica, digamos, unha biblioteca donde ten uns fondos, uns libros que, que usa para, para, para o seu coñecemento e para poder desenvolver o traballo normal, cotiá dun, dunha actividade no, no museo. No? Eso é unha parte da, unha función do que ten a biblioteca do Museo do Pobo Galego, pero nós tivemos a sorte, ou a gran sorte, de ter unhas doazóns que incrementaron esa biblioteca moitísimo. Temos oitenta mil volumes, neste momento, i nos están chegando libros todos os, todos os días que podemos decir, incluso ofertas, hoxe mesmo me chegou unha oferta de si queremos ir ver unha biblioteca a unha localidade da provincia da Coruña. Temos que ir vela, temos que ver o que nos pode interesar ou non os pode interesar porque non queremos repetir os, os libros. No? Temos en este momentos, a ver si ahora me acordo de memoria, a primeira biblioteca que nos chega, a primeira doazón que nos chega é de don Xesús Taboada de Chivite grazas a un dos seus fillos que nos deu parte desa biblioteca con outros obxetos como son a mesa do despacho, algún moble, algún retrato. É un fondo especialmente galego, é un fondo especialmente de etnografía como tamén ese fondo o ten, despois, na biblioteca de Xaquín Lorenzo "Xocas" que foi un dos fundadores e o primeiro presidente do padroado do Museo do Pobo Galego que tamén ten unha serie de, digamos, de cada fondo galego. Logo, a biblioteca de Antonio Fraguas que é a máis numerosa desas pequenas bibliotecas, con varios miles de volumes; a biblioteca de Antonio Fraíz que foi un dos fundadores de, do Museo do Pobo Galego, unha biblitoteca tamén pequena; a de Manuel Beiras, i a ul/ unha das últimas en chegar da familia Baltar que é unha gran biblioteca, mui diversa, con fondo galego fondo (propiamente) hispanoamericano, moito fondo de arte que nos valeu para facer varias exposicións sobre temas que el, que son, son sacados dese, desa biblioteca, como é unha biblioteca sobre, perdón, unha exposición sobre o erotismo, outra sobre o humor, para eso nos valen as bibliotecas.
Nós somos unha institución privada, por tanto, as bibliotecas forma/ son privadas pero son de acceso público. Simplemente hai que decir que queres vir a vela, i aparte, creo que son consultadas, estamos dixitalizando algúns fondos, están xa algúns nas redes. Tamén temos un fondo documental interesante porque estas bibliotecas tanto a de Fraguas como a de Xaquín Lorenzo, como a de, perdón, a de Taboada Chivite, veñen con documentación, entonces temos un arquivo documental, por exemplo, de cartas de entre eles, podemos facer a vida dos anos 50, contar a vida dos anos 50, pois, coas cartas de Xocas, Fraguas, etcétera, etcétera. Tamén documentación máis actualizada, temos fondos de algunhas empresas, algún fondo de partidos políticos como o de Unidade Galega, de, de, etcétera, etcétera. I fondos que fomos traendo outra xente, panfletos dos anos 60, dos anos 70, de fondos culturais, políticos, eu creo que somos unha biblioteca mui interesante por eso a Xunta nos declarou Biblioteca de Interese Xeral para Galicia. No? Pero bueno, eu creo que a sociedade ten, moita xente que vén aquí non sabía que había esa biblioteca, queda alucinando por así decilo, a cantidá de fondos que temos, e fondos mui mui interesantes.
Tamén temos algún car/ carteles, por exemplo, unha exposición que fixemos dun fondo que temos nós, é de cartelismo sobre o día do 8 de marzo. Temos unha colección bastante interesante de toda a cartelería que había sobre esa data da loita feminista. No?
Por tanto, creo que a xente ten que coñecer os fondos que temos i, por favor, vinde a consultalos que [es]tamos a, á vosa disposición. Tamén temos, algún deses fondos, como dixen, xa están dixitalizados como é o fondo Blanco Cicerón que é outro fondo mui, mui interesante. No? Están dixitalizados i están a disposición da vosa na rede, na páxina web do Muse/ do Museo do Pobo Galego.
Autor/a da transcrición: e~xenio