Nos espazos comúns, que chamamos espacios comúns aqueles donde non hai, é decir, que son de paso, que non hai obxetos en exhibición, pois colocamos esta semana unhas fotos de Gustav Henningsen, o antropólogo danés que estuvo aquí a mediados dos anos sesenta, sobre todo na zona de, en Ardemil, en Ordes, pero percorreu toda Galicia. Entón, ao, ao final, nos deixou a nós antes de morrer, nos delegou a nós o seu fondo fotográfico, i tamén conservamos, temos unha copia dixital do seu fondo sonoro que é consultado po,r por moita xente porque ten cousas mui interesantes.
Son fotos que falan de como era Galicia na vida dos anos sesenta, unha Galicia mui rural, unha Galicia de romarías, unha Galicia de mediciña popular, unha Galicia que cambiou i que a xente, pois, quere ver como, como era esa Galicia antes para ver que hai unha continuidade. Non é, non é aniquilar o pasado, sinón que hai unha continuidá. Son fotos que están, xa como dixen, que están nos espacios comúns para que a xente as vexa, i é unha homenaxe a este home que bueno, pois tivo o detalle de deixarnos a nós ese fondo mui interesante.
O que xa fixemos catro exposicións, unha sobre romerías, outra sobre Galicia máxica, outra sobre o traballo en común, i foi exposicións que tamén queremos itinerar, de feito unha delas xa estuvo en varios sitios i intentamos movelas as que temos, xa, para outras localidades si a xente nolas solicita.
Autor/a da transcrición: e~xenio