Eu creo que unha das funcións dos museos é mostrar o que temos a sociedade para que a sociedade o faga del i o poda utilizar. No? O Museo do Pobo Galego ten miles de fondos, temos chegando aos 16000 catalogados, temos máis pezas aínda sin catalogar. Eses fondos, intentamos accedelos a, que a sociedade poda acceder a eles, i creo que unha forma de acceder a el, poñelos, colgalos, digamos, na rede, na web. Temos unha parte, este ano colgamos unha parte dos fondos que temos procedentes do Seminario, do museo do Seminario de Estudios Galegos que son poucos, son douscentos e pico, i seguimos, pouco a pouco, subindo algunhas outras pezas. Pero, a idea é, dentro das nosas posibilidades, que todos os fondos catalogados estean accesible na rede. Xa están accesibles na rede, por exemplo, o fondo bibliográfico e parte do fondo documental, o que son os fondos materiais, obxetos, hai unha parte nada máis pero a nosa intención é que estos fondos nun plazo inmediato, pois depende das nosas posibilidades, pois poidan estar tamén accesibles ao público en xeral.
Temos dúas exposicións abertas ao público neste momento. Hai unha terceira que se pechou hai unhas semanas (...). Esa que se pechou é unha exposición de retratos femininos feita por Adrián Baúlde, i agora temos dúas exposicións, unha de acollida, nós temos exposicións propias e outras que son de acollida, é dicir, cedemos os espazos para que outra xente faga exposicións, i a que temos aquí ahora de acollida é unha de poli/ da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a figura de Paco del Riego.
Nós temos exposicións de acollida como unhas, como a do Premio Ksado da Deputación da Coruña que inicia aquí no Museo do Pobo Galego o seu percorrido por Galicia, i outras como é esta de Política Lingüística, pecha aquí o seu percorrido. I exposición propia, hasta certo punto, por decir propia porque realmente a fixeron os colexios, é dun proxecto da Fundación Fraguas que unha institución, digamos, unha entidade máis dentro do Museo do Pobo Galego, unha homenaxe a Antonio Fraguas que foi un dos fundadores e presidente e director deste museo, pois temos cada dous anos o Proxecto Fraguas Didáctico que participan colexios e institutos, i temos unha exposición do colexio de, da Ramallosa, de aquí de Teo, que é un percorrido, digamos, polo seu patrimonio i outra exposición dos institutos de Marco do Camballón das Cruces i o de Cacheiras que é sobre a oralidade donde, bueno, hai materiais, i bastantes i unha serie de vídeos que falan da oralidade, da recollida da toponimia, de lendas, etcétera, etcétera. Esas son as exposicións que temos en este momento.
Para o ano que vén temos outras exposicións temporais que son feitas por nós i outras que son feitas por, que veñen, digamos de acollida. A miña idea sempre foi facer nós unha exposicións máis longas no tempo de dous, tres meses como mínimo con fondos propios e sobre conceptos, ideas que afecten á sociedade actual, pero para eso necesitamos xente, necesitamos equipo, i co equipo que temos pois é mui, mui, mui pobre en número de persoas i non damos feito o traballo diario, do día a día, e con eso non podemos avanzar moito máis.
Tamén temos unha, digamos, unha mostra, o que é un percorrido polo, pola exposición permanente do museo donde se exhiben obxetos que perteneceron ao museo do Seminario de Estudios Galegos. No? Esto foi unha, unha idea que tíñamos de montar unha exposición que ao final non foi esa exposición sino foi simplemente sinalar i documentar un pouco máis os obxetos que están xa na exposición permanente e que perteneceron a ese fondo do Seminario de Estudios Galegos, como homenaxe a ese Seminario, a esa xente que traballou nese museo i logo trouxeron aquí esos obxetos i crearon este museo. Nós somos os continuadores i, un pouco, os herdeiros dese ideario de un museo para a sociedade galega. Eses son fondos que están xa na, na, na exposición permanente, i o único que fixemos foi sina/ sinalalos dunha maneira, un pouco máis destacalos para que a xente comprenda que hai unha continuidade de entre o Seminario de Estudios Galegos i o Museo do Pobo Galego.
Autor/a da transcrición: e~xenio