Xan de Vilar: O máis bonito do, do Caurel era o noso, i o máis antiguo.
Lois Pérez: Por que, por que era o máis bonito Xan?
Xan de Vilar: Porque era o máis antiguo.
Lois Pérez: E que tiña, que, que tiña alí? Que había alí?
Xan de Vilar: I hai, i hai miles de castiñeiros, e non hai dous que se parezan algo, algo, non, non se parecen en nada, cada castñeiro ten unha forma, huecos, huecos, así arderon. Cada castiñeiro era unha cheminea (coma) gasolina. E taba/ e tiña maleza.
Lois Pérez: Pero era, era precioso aquel, aquel souto.
Xan de Vilar: Uf! Era mui bonito.
Lois Pérez: Xogabades alí?
Xan de Vilar: O campo [es]tá peghado ás casas, o campo da festa, rodeado de castiñeiros. Inda subín eu, inda subín eu demoucalos cuando tiña setenta e seis anos, i eran dos máis altos do bosque, arre/ arredor do campo da festa, que bonitos eran, e huecos por dentro, tiñan formas raras, i ao máis alto subinlle eu por adentro.
Lois Pérez: Ai, si!
Xan de Vilar: Era hueco. E corteille as ramas ve/ vellas todas e os paus, se non levábao o aire, ahora (levou) o lume.
Autor/a da transcrición: e~xenio