Lois Pérez: Que máis paxaros lembras?
Xan de Vilar: Antes había páxaros a, a pilas. Había paxaros a pilas. As choias faltaron; a rula, eilí non hai; o cuco, si, que inda vén todos os anos dar unha vesita, pero a rula, a rula, nada; as choias, nada; os corvos eses, un corvo, non sei quen me falou a min de corenta anos, un corvo pode durare setenta anos, ises, ise é un bicho que siempre ten que comere. O corvo i o xabarín sempre ten que comere, e ten, e ten muitas defensas. E,e,e i o corvo cuando salían as augas de fregadeiros, (os castiñeiros), i algúns tírana p'a calle, i eles buscan todo, limpian, o corvo limpia, e ben. E todos, todos, todos ten o seu, o seu, o seu, o seu, a súa importancia porque o corvo, calquera bichiño que morra pois xa o come. É o primeiro que, que lle (ole).
Lois Pérez: E como, como era?
Xan de Vilar: Sempre crían mui alto.
Lois Pérez: Crían mui alto.
Xan de Vilar: Si. Alá, moi alá, mui arriba. Eu subía donde criaban eles, pero cando, cando eran, cando eran pequeniños, pero se son grandiños, xa non se pode subir porque tíranse, e depois, e despois non [es]tán criados de todo, e depois non se defenden. Non se poden molestar mentres son pequeniños.
Autor/a da transcrición: e~xenio