Mario Outeiro: Bueno, tamén o coñecedes porque foi presidente, foi o primeiro presidente da Asociación Cultural e,e,e Arumes do, do Corgo, e vaivos ler e,e,e unha cantiga que escribiu seu pai que foi,i,i mestre en Queizán, el tamén é mestre e,e,e dese libriño que ten na mau que é a, a tesina de licenciatura de,e,e de Xosé Manuel Castro Castedo, que é O galego de Queizán. E,e,e ademais de estudar o galego de Queizán, ao final, como un apéndice, trae bueno pois distintas recollidas que fixo Xosé Manuel precisamente en Queizán e na que está esta. Entonces se podes (...)
Xurxo Rodríguez: Ben. Eu (...)
Mario Outeiro: Lendo ou recitando.
Xurxo Rodríguez: En primeiro lugar, non contaba con actuar hoxe. Pero, bueno, bien. Pásame o mismo que á miña veciña Ánxela que estamos un pouco ca xenética entre O Corgo e,e,e e,e,e e Castroverde. Non? Pero bueno, en todo caso hai que decir que,e,e ben, meu pai,i,i si que fixo un Entroido en Queizán, naquela época tiñan un grupo que se chamaba grupo La Armonía, curiosamente, e,e,e Montero que foi o que,e,e Xosé Manuel traballou con el sobre ese tema, pois é verdá que estaban alí. Había xente que cantaba mui ben i,i,i estaban naquela historia. Tamén é verdá, e teño que decir que meu pai despois foi casar pra Gracián, e tamén alí, seguiu con esa historia, con esa teima. Eu,u,u era u,u,un un enano mui pequeno, un enano mui pequeno, e recordo participar en Entroidos daqueles nos que meu pai iba a pedirlle un violín a un vello d'alá da Fontaneira de, para poder praticar unha serie de historias, disfrazarse de vella e, dalgún xeito, empezar a,a,a a decir as, as historias da parroquia, non? Que é do que se trataba no Entroido, non? E aquelo facíase todo con moito,o,o sixilo no muíño de Besteiro, curiosamente. Alá.
Persoa do público: E,e,e meu pai, eu medrei tamén con esa historia porque o teu pai foi mestre do meu, i cantaba máis canciós pero non sei si se están recollidas.
Xurxo Rodríguez: E/ Están recollidas dalgún xeito, de feito,o,o pero, bueno, bueno, en fin. O que si quero decir é que eso si é verdá que existiu i eso significa que tanto O Corgo como esta zona de Castroverde e demais, tivemos unha historia de nosa mui boa. Non? Magnífica. I que eu creo que é importante que tamén, aquí, nestes apartados que se están traballando pois se dea a coñecer. Non? Bueno, a min pedístesme que lera algo, eu vou ler un Entroido. Eu teño que dicir que eu son profesor no cole de Láncara, e que tódolos anos desde hai quince anos, eu fago as coplas de Entroido do meu cole, é dicir, estou falando de que teño como, algo así como 4000 versos de, de coplas de Entroido. (É dicir) Por que? Bueno, porque me gusta manter este tipo de tradiciós. E unha forma de meterme cos meus compañeiros tamén, todo hai que dicilo. ((Risas)) Pero bueno, é así a historia. Bueno, e como,o,o que aquí me chamaron foi para ler unha serie de historias pois vou proceder a eso.
Ben, este era un entroido que decía:
O Entroido xa vai vello
xa vai cheo de arroutare
i ahora de acabadiño
deullo o (ar)routo da casare
cunha nena do seu tempo
que é boa de consolare
Hoxe casou o Entroido
o Entroido de Queizán
cunha nena mui bonita
ca pascua de San Xulián
que lle gustan muito os ovos
e ben sabe onde os hai
Casáronse na cociña
seica o cura foi o lume
de testigos os trespés
o morillo e mailo fume
e amarradiños quedaron
e ahora quen os desune
Vou,u,u intentar aquí,í,í nesta última,a,a estrofa, bueno, non última, vou intentar meterlle a música, pero ollo! Eh! Eu son un desastre musical así que,e,e todo o que poida pasar é casualidade.
De padriño foi don Dente
de madriña a Cachola
i acompañan os Chourizos
mezcladiños con Filloas
untadas cun pouco mel
que che estaban moito boas
Seique lle deron de dote
unha cestiña pros ovos
feita de pelo encrespado
que volve aos home tolos
i aos solteiros i aos casados
i aos velliños i aos máis novos.
Bueno, aquí sigue un pouco, sei que había,a,a outro tipo de historias nesta,a,a neste,e,e nesta trascrición que fixo Xosé Manuel e tal. Logo, pois bueno, íbase polas casas que era como se funcionaba, e tratábase, o de sempre, de pasalo ben i de que naquel tempo, bueno, che deran un viño, che deran un cacho de chourizo que para eso era o Antroido. Non? Entón xa se decía:
Mira pa o patrón da casa
mira pa o patrón da casa
como corre xa co viño
Queira Dios que chegue a vello
queira Dios que chegue a vello
pero a vello moi feliz
Afina a gaita, trae a pandeira
e tocarémola e bailarémo-la muiñeira
I as rapaciñas da casa
seique teñen moito pico
todo o gastan en pinturas
non os dan un perro chico
Nenas que tedes furado
o zapato por atrás
anque o saiba a vosa nai
non llo digades ao rapaz
que está furado de atrás.
Quen vos vería rapazas
quen vos vería rabiar
se me virades o chifre
por collelo e chifrar
e chifrar por adiante
e chifrar por atrás
Ben cho vin o outro día
que me enseñáche-lo refaixo
o que tiñas máis arriba
o que tiñas máis abaixo
máis abaixo do refaixo
((Risas)) ((Aplausos))
Para rematar un poco que meu pai tamén estivo aquí na terra Domingo Franqueán. Domingo, sei que sabe tamén algunhas coplas daquelas que leva feito meu pai, alí, na túa terra. E ao millor algunha coñece, igual, oye, igual a sabes
Domingo Pérez Libor: Quédame pouco, pero, si, algunha oíra. Si. Si.
Xurxo Rodríguez: Eu creo que si. Bien.
Antonio Reigosa: Domingo pódese levantar.
Domingo Pérez Libor: Primeiro que vaia o vello.
Xurxo Rodríguez: Bueno, en fin, que me parece un proxecto (...)
Antonio Reigosa: Como se chamaba teu pai que igual o dixeches e non me din conta.
Xurxo Rodríguez: Xesús de (Incomprensíbel), da casa de (Incomprensíbel) de Queizán. Xesús.
Antonio Reigosa: Mui ben. Porque a el lle corresponde o mérito das coplas.
Xurxo Rodríguez: Home, claro!
Antonio Reigosa: A ti o dicilas.
Xurxo Rodríguez: Evidentemente. Está claro.
Antonio Reigosa: Bueno, pois (...)
Xurxo Rodríguez: Esa é a historia.
Antonio Reigosa: Anímate. O que che veña á cabeza e se non, tirámosche da lingua que tampouco pasa nada.
Xurxo Rodríguez: Bueno, eran historias desas de (...)
Domingo Pérez Libor: E,e,e fora un pique e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Vente p'aquí.
Domingo Pérez Libor: Teño moitas cousas.
Xurxo Rodríguez: Vente p'aquí. Levanta.
Domingo Pérez Libor: (Incomprensíbel) Moitas cousas. Ho! Había un señor na miña aldea que se tiña por moi listo coma min, e pa min era unha burra parda. E,e,e e fachandeaba muito e tal. Un día fixo un deses escritos, unhos poemas dedicados, así un pouco, a picarlle a moral ao pai d'aquí do interfecto. Entón o home, despois colleu, o pai deste señor, don Xesús colleu e fixo un escrito moi ben feito, unha poesía moi ben feitiña que lle decía entre outras cousas:
Xungas as vacas
e tiran pra o monte
que os de (Incomprensíbel)
foron antonte.
Ara o monte, ara o (Incomprensíbel)
hasta acabar co Carballal.
Todo o que fixeches
non está mal
anque que non medre
o capital.
Esto, sabemos os de Franqueán quen é.
(Incomprensíbel)
Xurxo Rodríguez: Xa nos falla un pouco a memoria.
Domingo Pérez Libor: Si, si, si. Bueno, bueno. Era. Tiña máis, e sei muitas. Subía, esta estrofa era en castelán:
Subía Jesús de abaixo
especialista en trincheras
con el arado romano
luchar contra las piedras
Al llegar al Carballal
(Incomprensíbel)
(Incomprensíbel)
se quedó en el Carballal
Bueno, xa non me acordo moito pero bueno sei que era (...). Sabíao todo, en tempos, cando era mozo, xa,a,a antes de,e,e da Primeira Guerra Mundial máis ou menos.
Pero bueno, [es]taba mui ben, [es]taba mui ben. É que, o pai deste señor que [es]tá ao meu carón, que xa temos pasado unhas cantas roxadas xuntos, pois, de cativos, eh! de cativos, de adúlteros xa nada. E,e,e e resulta que,e,e fixera o outro un poema, unha especie de poema (Incomprensíbel) poetrasto pois fixera unha cousa, así, con moita fachenda, i o pai deste que xa era un home culto e intelixente e preparado pois contestoulle co outro, con outro poema mui longo do cal no me acordo todo que o souben en tempos, sóubeno en tempo (Incomprensíbel) cunha delicadeza e cunha cultura e cunha cousa que era chamarche borrego i animal pero como decirche que es listo. Vamos! Unha marabilla. Foi unha cousa marabillosa.
E de que máis cousas teño que falar aínda que é moita a pregunta?
Xurxo Rodríguez: Solamente que encantado de terte aquí ao meu carón
Antonio Reigosa: Domingo era un dos invitados. Eh!
Mario Outeiro: De feito, agora aproveitamos, outra vez, para darlle un aplauso a, a, a Xurxo.
Autor/a da transcrición: e~xenio