
O Corgo, 1959. Veciño de San Cosme. Coñecido popularmente como Toño do Carrizo. Último ferreiro en activo no Corgo. Fillo de ferreiro. Máis de corenta anos na forxa.
Ten obradoiro propio, onde fai fouces, fouciños, podóns...
Antonio Reigosa: Bueno, eu se enseño esta ferramente non sei quen se sentirá aludido pero alguén ten que reaccionar I achegarse aquí. Moitas gracias. Podes de pé ou sentado, como queiras.
Antonio López Torre: Ola, boas tardes a todos. Son Antonio.
Antonio Reigosa: Bueno, xa te presentas tu.
Antonio López Torre: Si.
Antonio Reigosa: Perfecto.
Antonio López Torre: Son Antonio da parroquia de Manán de San Cosme. Aquí haberá xente que non me conoce. Eu son único ferreiro que queda no Corgo; falábase que en tempos que había sobre cuarenta e cinco ferreiros e, ahora, quedo eu solo. Entonces, pois,s,s (foi apartado) do traballo porque hai moita demanda e, entonce,e,es, meu pai foi ferreiro, aprendín con el, eu levoo sobre trinta e cinco anos traballando no oficio. Bueno.
Mario Outeiro: O sea, An/ Antonio é,é,é é de Manán, de Manán San Cosme.
Antonio López Torre: Si.
Mario Outeiro: E,e,e e, efectivamente, e aquí xa o decía,a,a Ánxela Gracián, quero decir, é un concello, pos, onde houbo moitísimos (...)
Antonio López Torre: Si.
Mario Outeiro: Ferreiros.
Antonio López Torre: Falábase que había sobre cuarenta e cinco ferreiros en tempos.
Mario Outeiro: Cuarenta e cinco ferreiros (...)
Antonio López Torre: Eu conocín (algunhas) pero logo, claro, mui pouco. Pero meu pai, por ejemplo, pos, coñecería a toda,a,a a todos do Corgo por ejemplo.
Mario Outeiro: Eses ferreiros estendíanse,e,e no río Tordea, na parroquia de Fontei que había moitos (...)
Antonio López Torre: Si.
Mario Outeiro: Había moitos ferreiros.
Antonio López Torre: En Lajosa muchísimos.
Mario Outeiro: E na beira do Chamoso, non? Queizán (...)
Antonio López Torre: Aí tamén, claro.
Mario Outeiro: Laxosa...
Antonio López Torre: Claro, claro. Pero bueno, onde máis había era en Lajosa. En tempos, pois, tiñan que ir ao mazo ao río porque non había potencia de corriente pa mover os mazos que temos ahora e entonces iban ao, ao mazo ao río; por ejemplo, meu pai pois iba ao mazo a Arxemir; outros tocáballes (o) mazo de Santa Comba, por ejemplo, os de Lajosa pois iban ao mazo de Santa Comba.
Antonio Reigosa: E,e,e. A túa,a,a eu non estiven na túa, se estivese Lois, que estivo alí e que falou contigo moitas veces, podería contar pero non está i eu non coñezo, non sei si Mario coñece a,a,a coñece, si.
En que se,e,e diferencia o que, a túa ferrería de hoxe a teu,u,u o teu lugar de traballo do que tiña teu pai, por exemplo. En que cambió?
Antonio López Torre: No. Cambiar no (...) Facemos casi a misma,a,a ferramenta que se facía antiguamente. Eh!
Antonio Reigosa: Si.
Antonio Reigosa: En canto a ferramentas.
Antonio López Torre: Si. Si.
Antonio Reigosa: Este é o fouciño, aquí non é podón.
Antonio López Torre: Bueno, aquí chamámoslle, no Corgo chámaselle podón (longo) ou (Incomprensíbel). Noutros, fouciño, eso según, según, depende da zona.
Antonio Reigosa: Este é o fou/ este é o fozón o, o, o (...) Ai! O podón.
Mario Outeiro: O podón.
Antonio Reigosa: O podón. Entón esto que é?
Antonio López Torre: Eso é unha fouce.
Antonio Reigosa: Parécese ao revés doutros sitios.
(Intervén o público)
Antonio Reigosa: Eu, por exemplo, que eu que son de Mondoñedo, a,a,a a este tipo de,e,e bueno, normalmente cun mango máis longo ou máis curto (...)
Antonio López Torre: Si, bueno (...)
Antonio Reigosa: Según, no?
Antonio López Torre: Si, si. Pa,a,a.
Antonio Reigosa: Pero chamámoslle podón porque sirve pa (....)
Interveniente: No.
Antonio López Torre: Claro, para (...)
Interveniente: Eso é unha fouce.
Antonio López Torre: É unha fouce.
Interveniente: O podón ten o mango corto; podón ou (Incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Quedoume claro.
Antonio López Torre: Facemos e,e,e, por ejemplo, hai cinco modelos. Esta é a máis piquiniña de todas, esta é á que lle poño o mango; no resto si que van sin mango (e póñolle) por ejemplo, que leva ao millor 1,50 de mango máis ou menos pa,a,a na silva, nun silvaredo, por aí.
Antonio Reigosa: Si, si. Según (...)
Antonio López Torre: Pa ramas ou pa o que (...)
Antonio Reigosa: Según o que queiras cortar.
Antonio López Torre: Claro, claro.
Antonio Reigosa: E tal.
Antonio López Torre: I este modelo, máis ben, é da zona de Carballo e de Ferrol. Aquí no Corgo, pois sería así máis levantao porque si non cortar ao ras, pos tes que estar unicamente de rodillas.
Antonio Reigosa: Claro.
Antonio López Torre: Claro!
Antonio Reigosa: Claro.
Antonio López Torre: Este é o modelo de, da zona de, de Carballo.
Antonio Reigosa: Pero este é pra a estrume, po monte, ou no?
Antonio López Torre: Esto,o,o bueno, pode ser; máis ben, esto para as zonas de montaña podría valer así plano
porque o terreno, o sea, pos ao millor se adata pa, pero si non (...) O d'aquí do Corgo é un pouco levantao pa non se ter que doblar moito.
Mario Outeiro: Tecnoloxía punta, o do Corgo.
Antonio López Torre: Que?
Mario Outeiro: O do Corgo é tecnoloxía punta xa.
Antonio López Torre: Claro.
Antonio Reigosa: E que máis ferramentas fas?
Antonio López Torre: Bueno pois d'aquí uff inda faltan moitos modelos. Si houbera (...)
Antonio Reigosa: Imaxino.
Antonio López Torre: Non me dixeron que había, senón traía aquí o muestrario completo.
((Risas))
Antonio López Torre: Pero hai un montón de pezas.
Antonio Reigosa: Pero que é o que?
Antonio López Torre: Esta, destas hai outros catro modelos polo menos.
Antonio Reigosa: Según o tamaño e o uso, non?
Antonio López Torre: De tamaño hai (...) moito máis lixeiriñas, despois para a zona de Piedrafita son ca varilla moi cortiña, aquí levantada porque é tamén zona de montaña. Pa cada zona tes que adatar o modelo de, de fouciño.
Antonio Reigosa: E personalizado, personalizado non fas, ou? Veslle a figura ao que o vai usar e dices, este...
((Risas))
Antonio López Torre: Eu, directamente, vendo todo pa viajantes e feriantes e ferreterías.
Antonio Reigosa: E cales son os que máis fas, ou a ferramenta que máis fas? Este,e,e
Antonio López Torre: Estes dous modelos moito
Antonio Reigosa: Si.
Antonio López Torre: E despois hai unha poda que se usa moito pa (chapo) da rama que tamén se fai muchísimo.
Antonio Reigosa: Si. Si. E para segar a herba nos xardís, así, rasiña (Incomprensíbel)
Antonio López Torre: Fouciños.
Antonio Reigosa: Pa eso fouciños.
Antonio López Torre: Os fouciños, claro.
Antonio Reigosa: Mira, cóntanos que leva. É decir, como se, o proceso porque esto vexo que leva un mango, leva, debe levar ferro, debe levar algunha cousa máis por aí pa que corte.
Antonio López Torre: Leva ferro e aceiro.
Antonio Reigosa: Conta. Conta.
Antonio López Torre: Mitá, por ejemplo, por mitá por ejemplo. Aquí sería como todos podéis comprender p'atrás é ferro e pa, pa, pa aquí po fío pois é aceiro senón non cortaría, claro.
Antonio Reigosa: Pero a maioría non che sabe esas cousas. Conta
Antonio López Torre: Ah, bueno! Vale.
Antonio Reigosa: Eu son o primeiro.
Antonio López Torre: Entonces, esto está mezclao o ferro co aceiro. Eso entra na fragua, por ejemplo, e ten que pasar a uns 1300 grados de temperatura pa que se una o ferro co aceiro.
Antonio Reigosa: Todo xunto?
Antonio López Torre: Si. Despois xa sale mezclao eso saliría a un martillo, porque eu teño dous martillos; entón saco o gordo nun e despois pásoo pa outro martillo pa facer xa o que é (Incomprensíbel) a forma e todo.
E pos,e,e é o remate final, pa darlle o toque final é manual, é xa todo manual e despois viría templalo, quentalo todo e despois metelo en auga pa que colla e (templa) porque o aceiro si non se templa tampouco cortaría, doblaría logo.
Antonio Reigosa: Si. Si.
Interveniente: Perdón, podo, podo facer unha pregunta? Como estás xusto co,o,o coa explicación; bueno, meu pai foi ferreiro (Incomprensíbel) Comentara un día, el traballou,u,u no mazo de Santa Comba, era o que lle tocaba, ao ser de Laxosa. E como era ese proceso, digamos de,e,e unir, por así decilo, o ferro co aceiro
eso facíase, eu creo, facíase no mazo
Antonio López Torre: Si, si. Claro
Interveniente: Pero barras, barras de, barra de ferro, barra de aceiro.
Antonio López Torre: Claro, claro.
Interveniente: Vale.
Antonio López Torre: Claro. Por ejemplo, aquí, pa, pa (Incomprensíbel) sería un trociño así de aceiro i outro tanto de ferro más ou menos.
Interveniente: Non te quero liar nin cambiar. Poderías explicar un pouquiño, simplemente eso, como, como se fai no mazo a unión, digamos, das, das barras. É un pouco solo, é que é un tema, ten (claro) ten unha parte emocional; o sea o meu pai eu vino un día nunha pequena visita que (Incomprensíbel) que fixemos alí no, no mazo vinlle facer eso pero non, non recordo esactamente o proceso, o sea, que é quentar as dúas barras.
Antonio López Torre: Si.
Interveniente: Podes esplicalo, así, brevemente?
Antonio López Torre: Quentar as dúas, as dúas pezas, o aceiro e o ferro
Interveniente: Eso é.
Antonio López Torre: E metelo, xa o que falabamos antes, a 1300 grados de temperatura (entonces) xa pasarían p'o martillo, o martillo pilón que se chama, e entonces é cando se estira e se vai mezclando o ferro co aceiro. Eso eu teño que facelo ao ollo, non teño un reló alí pa que me diga cando teño que sacalo; eso sale á vista. Entonces, pos non te podes, tes que sacalo no seu punto porque si non, ao mellor vas p'o martillo si non vai no seu punto pois sería, quedaríase, e,e,e saltaría o ferro pa un lao e o aceiro pa outro.
Antonio Reigosa: Xa.
Antonio López Torre: Que aquí, por exemplo, pódese ver que casi non se nota nin por onde vai o ferro
Antonio Reigosa: Onde se xuntou.
Antonio López Torre: Claro.
Antonio Reigosa: Pero digamos que aquí é ferro todo i, aquí, é aceiro.
Antonio López Torre: Claro, más o menos mitá por mitá. I esto tamén este tramo de aquí a aquí, ferro
Antonio Reigosa: Ajá! I os mangos tamén os fas tu ou como é a cousa?Antonio López Torre: No. Os mangos faimos aí un (...)
Antonio Reigosa: Un veciño.
Antonio López Torre: Si, casi veciño.
Antonio Reigosa: Así que tes un mangante ao redor da casa.
Antonio López Torre: Teño un mangante, si señor. ((Risas)) Mangantes neste país haberá moitos.
Antonio Reigosa: Bueno, está ben que os mangos tamén os faga,a,a que non, que non (...)
Antonio López Torre: Xa.
Antonio Reigosa: Que non son industriais que son artesanais que chos fai un veciño alí.
Antonio López Torre: Meu pai facíaos.
Antonio Reigosa: Si.
Antonio López Torre: Toditos. Por ejemplo, na miña casa salían pa Castilla sobre 4000 fouciños todos os anos.
Antonio Reigosa: Carai!
Antonio López Torre: E despois había que facer todo (por aquí) do entorno.
Antonio Reigosa: Buf!
Antonio López Torre: Solamente 4000 pa Castilla.
Mario Outeiro: I as instalaciós onde estás tu agora mesmo, xa os utilizou teu pai?
Antonio López Torre: Si, si, si, si. E,e,e e tíos meus que tamén traballon antes de coller empleo noutros sitios, traballaron alí na casa.
Mario Outeiro: Foron eles os que montaron a ferraría, digamos.
Antonio López Torre: Si. E pos viña moita xente que viña pa aprender; outra xente que viña por, por, penso que pola comida porque eran tempos moi difíciles e axudaban alí.
Antonnio Reigosa: Bueno, había moito traballo.
Antonio López Torre: Tamén había moito traballo.
Antonnio Reigosa: Claro.
Antonio López Torre: I é moi, moi duro. Daquela era bastante duro porque claro o gordo, gordo ibano sacar ao mazo do río pero despois había que facer a peza na casa. E,e,e por ejemplo, tiña que estar un tipo petando ou dous e mais o ferreiro, tres, con dúas mazas hasta sa/ estirar a peza pa (...)
Antonio Reigosa: Traballo duro.
Antonio López Torre: Claro, un traballo duro. Hoxe, non; hoxe, pos eso cambiou moito. O que pasa é que daquela non había potencia de corriente pa mover os martillos.
Antonio Reigosa: Claro. I ahora é todo, os motores son eléctricos, non?
Antonio López Torre: Si, si.
Antonio Reigosa: Bueno, pois eu (...)
Antonio López Torre: O que pasa é que este é u,u,un oficio que está en peligro de estinción.
Antonio Reigosa: Non, está claro. Es o último.
Antonio López Torre: É unha pena.
Antonio Reigosa: Non hai,i,i. Quero decir, sería rentable seguir?
Antonio López Torre: Si.
Antonio Reigosa: Si.
Antonio López Torre: Si, si. E cada vez máis.
Antonio Reigosa: Si?
Antonio López Torre: Si. Hombre!
Antonio Reigosa: Pois se hai algún sin traballo, ((Risas)) xa sabe, inda est/ inda está o maestre aí pa,a,a pa,a,a pa a formación.
Antonio López Torre: Pero véxose pouco futuro xa.
Antonio Reigosa: Bueno pero si dis que (...)
Antonio López Torre: Tanto aquí no Corgo como en Riotorto, como no Riotorto, tamén, é unha zona que había muchísimo ferreiro.
Antonio Reigosa: Si,i,i. Si.
Antonio López Torre: E hoxe que queda alí? Catro jubilaos. Si estamos tres da/ tres dados de alta na provincia de Lugo!
Antonio Reigosa: Tres?
Antonio López Torre: Tres.
Antonio Reigosa: Dous de Riotorto e ti.
Antonio López Torre: Claro. Así que mira como está a (Incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Pois si que está, está fina. Vamos, que dentro de nada (...)
Antonio López Torre: Acabouse.
Antonio Reigosa: Dentro de poucos anos, acabouse.
Antonio López Torre: E despós aparte (...)
Interveniente: Non ten ningún aprendiz?
Antonio López Torre: No.
Interveniente: Con usté?
Antonio López Torre: Veu algún por aí, así, pero nada, eu véxolle pouco, pouco futuro.
Mario Outeiro: De inverno paran pero de vrau ((Risas)) É complicao o traballo.
Antonio López Torre: É que aparte deso, claro, agora, eu, por ejemplo, chega moita xente que lle hai que afiar os punteiros, porque albañiles e esta xente pos teranos que afiar, co tempo teranos que afiar eles.
Antonio Reigosa: Non, xa.
Antonio López Torre: Porque eu afío muchísimo (Incomprensíbel) pero a xente de tódolos puntos.
Antonio Reigosa: Bueno, pois eu era,a,a si querías pero hoxe non hai entusiasmo. Pa,a,a animarse a,a,a. En todo caso, a ti impórtache que vaia alguén ver como?
Antonio López Torre: Ai, no!
Antonio Reigosa: Como traballas (...)
Antonio López Torre: Sin problema ningún.
Antonio Reigosa: Ao contrario.
Antonio López Torre: Poden vir cando queiran.
Antonio Reigosa: Hoxe véxote un pouco cortao pero (díxome) un paxariño que,e,e que va, a conversación que a levas seguido, ben e,e,e, que non hai problema.
Bueno, pois moitísimas gracias.