Óscar G. Murado: Refíreste aos santuarios, non?
Antonio Reigosa: Si, santuarios. Si.
Óscar G. Murado: Que é donde hai, é a expresión máis xenuina da, da relixiosidade popular, non? Que é moi importante porque sempre ao lado dun santuario, pois, hai algo que houbo antes pagano, que despois foi reconvertido, reconducido, non? Temos, eu levo o santuario de san Bernabé en Castrillón; levo tamén As Virtudes en, en Pedrafita e, despois, o,o,o fun este ano por primeira vez porque (cando) eu aínda que leve doce parroquias do, deste lado pero tampouco hai que esquencer os outros dous santuarios, non? Que é Abragán que este ano fun por primeira vez alá, que nunca chegara a Abragán, o cura estaba de vacacións e díxome se, si iba eu. (Imcomprénsibel). I onde non estuven foi ao santo Anxo de Anseán.
Bueno, que son lugares que,e,e e,e,eson exemplo de unha relixiosidade que era, pois, un certo paganismo anterior que despois foi vaciado, reconvertido co cristianismo, non? E,e,e san Bernabé pos celebrámolo en xuño, o 11 de junio; As Virtudes sempre é unha, é u,u,un santuario estraño porque coincide o día da Ascensión que é ese di/ é o día propio porque, é estraño, porque donde hai patrón non manda mariñeiro, pois é máis importante a Ascensión que As Virtudes pero bueno, nós os curas temos que amañar a maneira de, pois de que, non sacarlle importancia a un nin, nin ao outro senón que hai que contemporanizar como sempre facemos. E despois Abragán que é o 24 de agosto que é o, que é curioso, estuvemos Lois i eu precisamente no santuario da, de Abragán este ano, e,e,e o san Berto ou san Bartolomé que é moi simpático este santo porque ten un demonio alí encadenado, que dicen non sei en que parte é que é o patrón dos nenos traviesos, que é o único día, o 24 de agosto, que solta o demo e levan alí ofrecido pero non aquí. Non sei se é por Pontevedra. E despois o de Anxeán que é o santo Anxo da Guarda que debe, da Guarda, que debe ser o,o,o segundo fin de semana de maio? O segundo domingo de maio. Bueno que son, que é así o máis enxebre donde, deste sempre hai unha ermita, hai unha fonte, hai un rito, non?
Hai ritos particulares, sobre todo, aquí, nestes, e,e,e eu polo que vin, en Anseán tamén se impón o santo, o rito de impoñer o santo, que é un pouco de facer físico pois esa pro/ esa petición de protección, de facer unha cruz ca, ca imaxe do santo, a imposición do santo. E despois non sei, é así un pouco a grandes ras/ a grandes rasgos.
Autor/a da transcrición: e~xenio