Mario Outeiro: Pepita é a,a,a a presidenta, é a presidenta actual e recolle o testemuño de Xurxo.
Pepita González Díaz: De Xurxo.
Mario Outeiro: Que saíu antes que foi o primeiro,o,o presidente.
Arumes e,e,e créase no 2005, é dicir, tres anos despois de A Legua Dereita, nace Arumes. É importante,e,e citar como naceu; nace e,e,e un pouco porque foi o, o proxecto de,e,e de Quique Casanova, de Xosé Enrique Casanova Sánchez que foi,i,i con/ concelleiro aquí, tamén, no Corgo durante dezaseis anos. E que,e,e bueno pois que cría que,e,e que era necesario,o,o ocupar aí tamén o espazo no mundo cultural e,e,e e por eso e,e,e buscou xente para, para crear Arumes. De feito, el non, non formou parte nin, nin da primeira,a,a xunta directiva. For/ formou parte contra o final (...)
Pepita González Díaz: Si.
Mario Outeiro: Pero el non quería cargos, el estuvo,o,o o sea, foi a súa iniciativa e estuvo presente e detrás de casi todas as actividades pero non quería, el non quería cargos. (Logo), un pouco (...)
Pepita González Díaz: Apoiando sempre.
Mario Outeiro: Claro, un pouco. Primeira,a,a mención de Arumes a Quique Casanova. E,e,e nada, A,a,a/ Arume,e,es e,e,e leva feito pos innumerables actividades e ademais do máis variado, é decir, traballou e investigou o patrimonio; fixéronse durante cinco anos, seguidas, as xornadas sobre patrimonio, duraban todo, todo un fin de semana e,e,e con camiñatas, e con camiñatas e con charlas e,e,e sobre os castros, as casas grandes, os ríos, a,a,a a o Camiño Francés; e,e,e o,o,o no camiño,o,o, a vía, a vía romana; e,e,e fixéronse e,e,e xornadas sobre oficios e,e,e artesanais, fixéronse cinco tamén. E,e,e fixéronse proxectos de cine, fixéronse,e,e charlas do máis diverso sobre a temática do máis diverso. Fixemos (...)
Pepita González Díaz: Fixemos cursos de,e,e.
Mario Outeiro: Cursos. Cursos pero tamén do máis variado.
Pepita González Díaz: Si. De xardinería (...)
Mario Outeiro: Micoloxía.
Pepita González Díaz: Si, si.
Mario Outeiro: Horticultura, fruticultura, e o aspecto formativo sempre estivo presente.
Pepita González Díaz: Un club de lectura que (...) moitos anos.
Mario Outeiro: Un club de lectura, exactamente. Eu xa non lembro, Reigosa, se che tocou vir polo club de lectura.
Pepita González Díaz: Non o sei.
Antonio Reigosa: Si. Si. Si.
Pepita González Díaz: Eu creo...
Antonio Reigosa: Si. Si.
Mario Outeiro: Eu creo que si. Verdá?
Pepita González Díaz: Que si, que tu tuveches no club de lectura de antes.
Mario Outeiro: Porque no club de lectura, e,e,e o bon deste club de lectura que,e,e fora, o sea, naceu, naceu da idea dun socio que é escritor, Rubén Ruibal, foi quen propuxo a,a,a a creación do club de lectura e, de feito, el foi o o,o,o o,o,o o primeiro escritor (...)
Pepita González Díaz: Si.
Mario Outeiro: Co libro Limpeza de sangue que fora premio Nacional de Literatura. E,e,e i partir de aí, cada, cada escritor iba convidando ao seguinte.
Pepita González Díaz: Ao seguinte.
Mario Outeiro: Era, é un escritor ou escritora viva. Eso era unha ventaxa de que a xente, os socios de Arumes, lían o libro e compartíamos despois co propio escritor unha xornada, bueno, pois para falar sobre, sobre o libro. Non? Viñeron (...)
Pepita González Díaz: Si.
Mario Outeiro: Pois moitísimos.
Pepita González Díaz: Eu non recordo pero muitos anos si que tuvemos o club de lectura.
Mario Outeiro: E que máis Pepita? Bueno, é que leva o nome da asociación cultural pero, pero e,e,e creou tamén a, unha carreira popular que foi a carreira popular Arumes do Corgo que organizou durante os dez primeiros anos, e esa carreira, hoxe, leva o nome de Memorial Quique Casanova porque Quique Casanova tamén estivo nos comezos desa, desa carreira. Nos últimos tres anos porque para este ano, dentro dun mes, vaise levar a cabo a XIII edición pois o, o, o, tema organizativo lévao o Concello.
Pepita González Díaz: O Concello.
Mario Outeiro: Desde as últimas tres edicións.
Pepita González Díaz: Si. Si
Mario Outeiro: E,e,e bueno, fixémonos rutas, viaxes (...)
Pepita González Díaz: Viaxes.
Mario Outeiro: Por todos os puntos da península.
Pepita González Díaz: Si, a verdá é que si. A verdá que si, que bueno tamén era unha maneira, non sei, de que a xente,e,e a xente do Corgo que ao mellor non tiña, non tiña, si tiña posibilidades de, de desplazarse pero, ao millor, pois bueno, con eso de que íbamos con autobús, pos claro, porque non é como, ao millor, desplazarse, aquí, dentro de Galicia que pasa así, pero bueno, fixemos viaxes bastante (longos) que nos fomos pos non sei non mui longos pero si nos fomos a Zaragoza, á Rioxa, bueno, así. E bueno, tamén era unha maneira de que, de que a xente, que os, os socios, bueno e xente que non era, que non era socia, tamén, pois non sei que conocera, que conocera outros sitios. A verdade que, bueno.
Mario Outeiro: E hoxe pouco despois da,a,a da pandemia da COVID si que, bueno, o nivel de actividades baixou pero hai unha, hai unha moi importante que, que debe ser citada porque se sigue facendo que é o Certame Literario Terras de Chamoso que este ano vaise convocar, xa, a XVI edición. E,e,e é un certame un pouco que naceu influenciado polo certame que facían en Becerreá os da Pipa, que ese xa non sigue,e,e funcionando e,e,e un pouco coa misma filosofía e que hoxe, bueno, pois está súper consolidado i é dos máis veteranos do, do que é a contorna de, de Lugo. No?
Pepita González Díaz: Si.
Mario Outeiro: De feito, Xosé Manuel Castro Castedo, que citábamos antes, é un membro,o,o que está sempre igual que Xurxo, e despois participaron pos moitos escritores: Ánxela Gracián e Antonio Reigosa. E,e,e fixéronse moitas, va/ varias publicacións desde Arumes, e,e,e publicacións cada vez que se facía unha xornada de patrimonio, facíase un libriño e,e,e publicouse,e,e recentemente un libro,o,o e,e,e sobre a Casa de Neira que é de Xulio Pardo de Neira e,e,e (...)
Pepita González Díaz: Fixemos o, o recopilatorio, que fixemos dous da (...)
Mario Outeiro: Exactamente. E falando, falando do certame literario houbo dous libros recopilatorios nos cales ademais de recopilar os, os escritos dos (...)
Pepita González Díaz: Dos premiados.
Mario Outeiro: Dos premiados, convidábamos, eu penso que é o primeiro certame, penso, en Galicia, o único certame que convidaba aos membros do xurado a escribir. De feito, Antonio Reigosa ten textos nos dous volumes, e, e convivían os textos dos membros do xurados, dos avaliadores e dos avaliados, dos, dos premiados.
Eu penso que é unha idea moi democrática e moi,i,i eu penso que orixinal. Que máis Pepita?
Pepita González Díaz: Si, pois, hai moitas cousas que non me lembro neste momento pero,o,o si que tuvemos xuntanzas con outras, con outras asociaciós de, de Galicia e bueno, tamén, bueno pois está, está ben. Coñecemos outras, non sei, e,e,e as actividades que fan eles, bueno de, de Galicia e de Asturias tamén.
Mario Outeiro: E fa/ falando doutras asociacións, sempre houbo unha conexión con Legua Dereita, quero decir de,e,e dende o principio, quero decir, non foron dúas asociaciós que naceron para competir, é dicir, (que) cada unha ocupaba un espacio, sabíamos o espazo que ocupábamos no concello, e a colaboración foi dende o primeiro momento; o certame que falábamos antes, que leva dezaseis anos, Arumes leva dezaseis anos, é decir, naceu practicamente dende o primeiro ano dese certame.
Legua Dereita sempre actuou, sempre actuou, ademais de xeito altruísta en todas as entregas de premios e, de feito, desde os últimos anos, creouse un premio A Legua Dereita para premiar aqueles traballos, bueno, que están máis relacionados co,o,o coa nosa, coa nosa tradición; hai un premio que se chama Legua Dereita.
Autor/a da transcrición: e~xenio