Vouvos contar un pouco as tonterías para non me molestar moito. Unha primeira sobre o que é o,o,o un pouco o xuíz de paz. O xuíz de paz é unha cousa que vén de fai moitísimos anos nos concellos; era a forma de poñer a xustiza en cada concello. Era, o xuíz de paz, era unha persoa daquela moi importante, non un cantamañanas como agora, e,e,e e daquela tiña a capacidade de impartir xusticia, incluso, en delitos menores e dentro de certa entidade. Era unha persoa que co alcalde era a másima autoridá da, do, do concello; de feito, houbo un, un pobo de,e,e de creo que foi de Castela-A Mancha, ou por aí, que estuvo en guerra contra os franceses hasta o 1980 porque o alcalde no 1808 declaroulle a guerra aos franceses e seguiron en guerra hasta que firmaron a paz. E se lles ocorriu polo o 80 foi firmar a paz. Bueno. Entonces, os xuíces daquela pois tiñan moita capacidá e moito traballo, tiña que levar todos os cadáveres xudiciais. Que son os cadáveres xudiciais? Todos aqueles que morren de morte criminal, de morte por suicidio, de morte por tráfico ou acidente laboral, de morte non recoñecida que apareceu morto nunha corredoira; i esos tiña que a todos levantar o xuíz de paz porque, afortunadamente, agora están os forenses que son moitos e teñen días libres, pero antes o xuíz de paz, a todos os mortos que había así de forma estraña no concello, tiña que ir el solo ao levantamento do cadáver. De feito, impartían xustiza hasta moi altos niveles. Non sei se sabereis, haberá moita xente que o sabe pero outra que non. No Corgo hai un cárcere. No Corgo seguimos tendo un cárcere, auténtico, eh! de toda a vida que logo despois cada partido xudicial, cando se fixo partido xudicial pois fíxose o vello cárcere de Lugo que lle chaman hoxe que é aquel que el aquel que está xunto a estación de autobuses que eu cuando iba pa o instituto, mirábaa como se fora o décimo demo do mundo porque vía aquelas torres e os guardas civiles enriba e, a min, tembábanme as canelas solo pensar en entrar alí. Bueno, pois nós temos un vello cárcere no Corgo, o único que queda e,e,e porque antes a capitalidade do Corgo estaba en Santiago de Adai. A capital do Corgo antes, o concello famoso era Santiago de Adai, e en Adai hai unha cárcere, hai un cárcere, o único que queda no Corgo, que é unha casa de cantería que está no fondo de Adai, xunto ao que é a casa de, de Leopoldo de Somoza e tal, os que (conocedes un pouco o tema). E unha casa de cantería, unha cabana digamos, de cantería, pequena, con unhas ventás mui piquiniñas, e que ten no medio, ou tiña, agora xa non sei, un toro de cas/ de carballo enterrado moi fondo onde se ataban os presos por unhas cadeas porque se acaso se lle ocurría fuxir, non tiña por donde que era todo paredes i unha porta, pero polo si ascaso... I alí estaban encadeados. Logo, cando subís a, a, á cárcere de Lugo pois xa o vello cárcere do Corgo quedou abandonado pero existe alí. É o único cárcere que hai no Corgo i esiste hoxe. Hoxe, a día de hoxe, podédela ver que esiste perfectamente.
E,e,e eso en canto ao, ao/ O xuíz, perfectamente, non pintamos nada máis que a mona. Podes firmar defunciós, firmar nacementos e,e,e facer matrimonios, eso é agradecido, bueno, sinón veñen ao día siguiente pedirche, pedirche que lle firmes o divorcio. Claro, danse muitos casos. E,e,e facer, levantar actas, facer conciliacións que rara vez que concilias cando o demandante vén co avogado a carón, xa dices ti: Paréceme a min...
Vouvos contar un, unha anécdota mui curiosa. Verdadeira como a vida mesma. Eh!
Un día houbo un pleito entre familiares por unha tontería, por un quítame aló esas pallas, non había problema ningún serio, nada, nada. Non había nada. Era porque oín decir que dixeron que me dixeran que dixeron. Esto era o problema. E,e,e entón, bueno, chegamos: Pois, mirade, apañádevos porque se vades pa riba vaivos costar cartos, ímonos meter nun lío innecesario, se esto é unha tontería. (Incomprensíbel) quitando todas as pallas. Non hubo maneira. -No, no. D'aquí vamos arriba, ao Tribunal Superior. Vamos a Lugo a,a,a ao Tribunal de Xusticia (a Lugo). -Moi ben.
Marcharon pa fóra. E d'alí a un anaquiño, entrou un avogado pola porta do xuzgado, abreu a porta e díxome: Que iamos fa/ de que iamos vivir os xui/ os avogados en Galicia se houberan estes pleitos familiares? Verdá como volo conto.
Bueno, pois, en realidá hoxe o xuíz de paz ten moi poucas, bueno, hoxe é un servicio público (...) Tamén facemos outra cousa moi importante que é, por ejemplo, delegar poderes, os notarios cóbranche cando ti queres delegar un poder nunha persoa pos vas ao xulgado do Corgo, ao xulgado de paz do Corgo, e fáiseche e non se che cobra un real. Entonces, ti podes facer unha declaración de poderes ou darlle un poder a un familiar ou tal, ou facer unha (inhabilitación) claro, cos, cos documentos correspondentes. Eso faise no con/ no xulgado de Paz.
Autor/a da transcrición: e~xenio