A orixe do Proxecto Corgoral nace dunha moción que presentara o Bloque do Corgo no ano 2016. A iniciativa contemplaba e,e,e que o concello sacara unhas, non era un modelo de contrato, que é o que ten Lois, senón unhas bolsas formativas para que,e,e mediante bolseiros anuais se fora (editarando), se fora estudando o patrimonio e,e,e do concello. E nesa moción xa facíamos fincapé en que o primeiro patrimonio en ser estudiado tiña que ser o patrimonio inmaterial. Non? Poñíamos como exemplo e,e,e nada, un artigo que se publicara na revista CORGA, no múmero 2, no que había tamén aí un proxecto de recollida dese patrimonio. Por ser ese, esa parte do, do patrimonio e,e,e máis, máis sensible a ser perdida e,e,e pos un pouco a proposta iba por aí, comezar por, pola recollida.
E,e,e eso foi no ano 2016, e tardou en executarse esa moción catro anos. No, a finais de 2020, o Concello e,e,e pois sacaba a contratación, pois unha, un investigador, un antropólogo para que fixera ese, ese traballo de recollidas. E a finais de 2020 foi cando entra Lois, cando xa comeza Lois a facer o traballo.
Como vos podedes imaxinar o ano 2020 foi un ano mui malo para comezar un traballo de recollida deste patrimonio cos nosos maiores porque estábamos saíndo dese, dese confinamento tan, tan grande por culpa da COVID, a COVID está, todavía está aí, polo tanto, o traballo era achegarse aos nosos maiores, os nosos maiores, pois era complicao.
Polo tanto e,e,e a verdade é que hai que agradecer a Lois a idea que tivo de meter os nenos, meter a cativada do concello para facer este traballo. Xa que el era arriscado e poñerse a petar nas portas das casas do concello para entablar conversas cos nosos maiores pois ocurriuselle a través dos nenos do,o,o colexio do Corgo e tamén no CPI da Pobra de San Xiau que foran eles os que se achegaran e recolleran, pois, os contos, as adiviñas, as lendas e o refráns dos seus avós, dos seus tíos ou dos seus veciños máis, máis próximos. Non? De feito, hasta o propio logotipo do proxecto Corgoral foi feito por un neno do colexio. Houbo un concurso para eso, para motivalos, para metelos a eles no proxecto, e un pouco está basado no, no logotipo gañador dese, deses rapaces. Bueno, o proxecto leva xa e,e,e dous aniños, case dous aniños, e leva xa moitos froitos, todavía queda porque evidentemente o noso concello é mui, é mui grande, entonces percorrelo todo é complexo e ademais non só está recollendo, pois eso, os contos, as lendas, o que decía antes Antonio Reigosa senón que, bueno, o proxecto cada vez que dá un paso vaise facendo máis grande, e,e,e recóllese fotografías antigas, polo medio o concello rehabilitou, con moito acerto, estas antigas escolas do Corgo no que ensaian os compañeiros de Legua Dereita, e Lois Ladra, pois, converteuno, a maiores, no, como podedes ver, nun Punto de Atención á Lectura do Corgo, do PALCO, son as siglas de Punto de Atención á Lectura do Corgo, non é unha biblioteca pero pode ser o xermolo dunha futura biblioteca aquí no, aquí no concello. Entonces, bueno, pois todo o que vedes aquí tamén é froito do seu traballo, do traballo de Lois Ladra.
A maiores Lois, do momento en que chegou ao Corgo a montar esta difícil tarefa de recoller o patrimonio inmaterial, levou o concello do Corgo a distintos congresos sobre o tema. Polo tanto, O Corgo, bueno, pois pasou a ser coñecido, entre outras cousas, polo, polo seu patrimonio inmaterial. E non só en congresos, senón que xa o proxecto Corgoral deu froito e,e,e con, bueno, pois distintas publicacións e,e,e en forma de artigos, folletiños, este foi o primeiro que sacara polo día das Letras Galegas do ano 2021, e ten outro artigo na revista Corga e encargouse de reeditar un artigo de Nicandro Ares Vázquez en Lucensia no que Nicandro recollía os orixes dos nomes das parroquias e dos lugares máis importantes de cada parroquia, entonces, ese artigo agochado en Lucensia volveuno sacar á luz para que a xente, os veciños e as veciñas do noso concello puideran desfrutar del.
E,e,e fixo a,a,a a recollida do que eran as adiviñas do concello, esto, bueno, si estuvera Lois comentaríao moito millor. A maior parte delas recollidas de Jesús Abuín, vale? Co cal despois falaremos e convidarémolo a,a,a a vir aquí, e un libriño sobre patrimonio Camiño do Corgo, i está, bueno, pos, pronta, pronta publicación, tamén, do refraneiro do noso concello. É decir, hai moitos froitos, moito traballo e,e,e de gravacións, de entrevistas, de recollida do patrimonio que agardemos que bueno, pois, unha vez que se remate este proxecto pois que poida haber unha publicación, non sei en que formato pero unha ou varias publicacións para que todo este patrimonio recollido non se, non se perda.
Autor/a da transcrición: e~xenio