Este eran,n,n un cura que foi visitar a outro, e estuveron merendando, e cando terminaron de merendar díxolle: "Bueno, voume que teño que ir dicir misa á miña parroquia". Dixo: "Ai, ho! Que pena, pero teño aí a xente esperando polo rosario de que gana iba eu contigo tamén".
-Bueno, pois si reza-lo rosario rápido, espérote.
-Pois veña!.
Baixaron pa a iglesia, i era o rosario, púxose a reza-lo rosario eran os Misterios gozosos do Santísimo rosario
Primer misterio: La encarnación del Hijo de Dios.
Pero como tiña prisa, dice: "Primer misterio: La Encarna".
Padrenuestro cos avesmarías.
Segundo misterio: La Visitación de Nuestra Señora.
Pero el: La Visi.
Padrenuestro cos as súas (...) dez avesmarías.
Tercer misterio: El nacimiento del Hijo de Dios. La Nati.
Y, cuarto misterio: La purificación de Nuestra Señora. La Puri.
El dicía namás Puri por, pa acabar pronto. E mirou o reló e viu que lle daba tempo e dixo, o quinto vouno dicir completo.
Quinto misterio: El niño perdido y hallado en el templo.
I había un fondo no, un señor no fondo da iglesia, dixo: Arrea, catro mulleres e deixaron perde-lo chaval!
Autor/a da transcrición: e~xenio