Era un matrimonio de alí de Paredes e tiñan moitos rapaciños así coma min, trece, eu solo tiña trece. Entonces non tiña que lle dar nin de comer nin nada e o home non quería traballar, doíalle, facía coma min a escopeta, ratatatatá, mata un traballo e nada, e díxolle ela: mira, tes que ire traballar, porque ao rapaz hai que lle dar de comer, hai que vestilo, non hai calzado.
Si eu traballar si, pero eu aquí en Paredes teño verghonza. Pois vas a Pontevedra, pois bueno pois a Pontevedra vou. Entón colleu, e colleu así de mala leche e deulle tres bolsas e dice: coño, dáme tres bolsas e teño dúas mans. Unha, colleu un imperdible e púxoa aquí, entón púxose na plaza en Pontevedra, na Peregrina: limorna pa as almas, limorna pa San Antonio. Este pa as almas, esta pa...i esta pa as hermanitas da caridá!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro