No cemiterio de Vilaspasantes e,e,e na, en Cervantes, consérvase unha fornela de madeira que no interior acolle unha imaxe de metal de Cristo crucificado, unhas, e unhas estampiñas (...) coa imaxe da Virxe. Na parte inferior, un mozo gravou na madeira unhas palabras de amor dirixidas a unha moza que tivera había anos, e que falecera mui xove.
Pasado o tempo, o home casou cunha muller de aldea. Un día, a esposa acompañada polos seus pais achegáronse ao cemiterio e cunha navalla desfiguraron as letras que o seu marido lle escribira á súa amada. Sabemos os nomes pero bueno, aínda viven.
Autor/a da transcrición: e~xenio