Bueno, pois esto pasoulle a unha nena, a unha filla dun rei que se levantou un día pola mañá, mirouse ao espello, e non se podía rir, nada. A única filla do rei; imaxinade o tristes que tiñan que estar os pais porque, claro, se a nena non se pode rir, quen a vai querer? Ninguén. A que non? Esa xente que anda sempre seria e triste, case non a quere ninguén, porque son unhos sosos, unhos aburridos.
Bueno, pois a esta princesiña pasoulle eso: levantouse pola mañá, non se podía rir i o pai dixo: carai, pois hai que facer algo. Entonces ocurréuselle convocar a tódolos mozos do reino, a ver se había algún que fose capaz de facerlle rir á súa filla e se había algún que fose capaz de facerlle rir, ese o día de mañá se querían os dous eh, el e ela, podían casar e ser os futuros reis cando morrese o rei vello.
Bueno, pois entonces imaxinade: tódolos nenos de aquel reino, que non era moi grande eh!, era así como Caldelas, coma, coma, coma o Couto con algo de Viloalle, ou coma Labrada...Bueno, máis ou menos, como unha parroquia. Bueno, pois tódolos nenos daquel reino dixeron: carai, vamos aló ao pazo do rei a ver si conseguimos facerlle rir, rir á princesiña e se o conseguimos o día de mañá xa non temos que buscar traballo que xa temos choio. Pra aló van, todos en ringleira i había que pasar un monte, un monte con moitos...con moita arboreda, con moitos carballos, non sei que...Bueno, e pasando todos polo medio do monte resulta que alí había unha velliña, mui vella, mui vella, mui vella, que estaba intentando erguer un feixe de leña pra encima do lombo e non podía. Era mui vella, entón cando veu tanto rapaz dixo: carai, malo será que un destes non me axude a levantar a leña pra arriba. Neniño, axúdasme a erguer este feixiño de leña oh que non podo. Cale señora, aparte de aí que eu vou mui apurado, e así un tras doutro, un tras doutro, un tras doutro, e ningún lle axudaba a erguer o feixe de leña.
Pero houbo un que era o último da fila, que iba aló por ver como facían os outros, porque el non tiña ningunha esperanza en chegar a tempo pra facerlle rir á princesiña, e cando a velliña lle dixo se por favor lle axudaba a erguer a leña díxolle: si, muller, si, a min que máis me dá, eu apuro non levo tal e axudoulle a erguer a leña e púxolla ao ombro á vella.
Aquí vén a parte máis cocha do conto: entón a vella pra agradecerllo, meteu a man así por debaixo da saia, por aló por baixo, non sei a onde chegou e sacou pa fóra un pelo. De donde sairía ese pelo? O caso é que lle dixo ao neno: mira, toma este pelo, atendede ben, toma este pelo, cando encontres auga, móllao na auga. Logo busca unha verza e envolve o pelo na berza, logo busca dous pauciños de cana, córtaos e ponos en cruz enriba da verza e xa verás...díxolle.
O rapaz foi polo camiño adiante, cando encontrou auga mollou o pelo, buscou unha verza, envolveu o pelo na berza, buscou dúas cana, unha cana, cortou dous cachiños e púxoos en cruz, e de repente, o que era aquelo envolto con un pelo asqueroso, bueno, recén lavado pero asqueroso eh, convirtiuse nunha xaula con tres paxariños preciosos dentro, tres paxariños bonitísimos, marabillosos, e dixo o neno, bah, bueno pois mira, algo é algo, que bonitos son e tal, colleu a xaula, colleu un pau, así coma este, enganchouno na xaula, púxoo ao ombro, e seguiu o camiño detrás dos outros.
Pero como o pazo do rei estaba mui lonxe, inda había moito que andar, fíxoselle de noite, debía ser por esta época que logo se fai noite, e tivo que buscar unha casa donde durmir, non? si? si? Pois foi dar xustamente a unha casa na que había tres irmás, que se puñeron mui contentas cando viron que un rapaz coma elas viña durmir aquela noite á casa. Dixo, carai, vén aí un mozo coma nós. Seguro que nos conta algún conto, ímolo pasar moi ben...bueno...elas empezaron a facer contas: as tres irmás durmían na mesma habitación, pero o rapaz como ía moi canso do camiño e ademais ao día seguinte tiña que madrugar pideu de cear e logo preguntou donde era o seu cuarto pra durmir. Non tiña gana de festa, fixádevos como era o cuarto que lle deron que tivo que decidir se se metía el no cuarto, coa xaula, ou metía a xaula e quedaba el fóra. Ao final, o rapaz era listo, meteuse el no cuarto, buscou...bueno...unha punta, un cravo, alí no pasillo, no corredor e colgou a xaula cos tres paxariños enfrente, enfrente da porta do cuarto e deitouse a durmir i as tres irmás fóronse as tres xuntas pa o seu cuarto: ai oh, que pena, mira que pra un que vén á nosa casa e non querer contar contos nin nada e tal, non sei que, bueno...e estábanse preparando pra durmir.
Fixádevos: a máis pequena xa quitara todo, estaba coas cachas ó aire; a mediana, inda...bueno...eu creo que lle quedaba de quitar unha camisa e unha braga, unha cousa así, i a maior inda tiña toda a roupa porque índa lle andaba dando voltas á cabeza a ver como podía facer pra convencer a aquel rapaz pra contar algún conto e tal, e nun momento dixo: mira, eu vou ao seu cuarto, voulle petar, e se non adormeceu igual aínda me conta algo. E botou polo corredor adiante, polo pasillo, pero cando chegou á porta do cuarto do mozo, e viu a xaula cos tres paxariños xa non puido apartarse d'alí. Quedou quieta, sen poder moverse en toda a noite, mirando pá xaula cos tres paxariños.
A irmá mediana, como a maior tardaba dixo, seguro que miña irmá estaio pasando mui ben vou eu aló, bota polo pasillo adiante pero cando chega a enfrente da xaula cos tres paxariños, que lle pasou? Mirou pra eles e xa non se puido mover; toda a noite apampada mirando pra os tres paxariños. A irmá máis pequena, a que estaba coas cachas ao aire, dixo: e miñas irmás, seguro que o están pasando moi ben porque non volven e tal, bota polo pasillo adiante, pero cando chega a enfrente da xaula dos tres paxariños, que lle pasou? Que lle pasou? Que xa non se puido mover, quedou apampada toda a noite mirando pra os tres paxariños.
Pasou a noite, o rapaz levántase pola mañá, vístese, colle a xaula, pona ao ombro como a noite anterior cos tres paxariños e bota camiño do pazo do rei, e as tres irmás detrás apampadas mirando pra os tres paxariños.
Alí nunha volta do camiño resulta que...bueno...estaba....a iglesia parroquial estaba un pouco ás aforas, non?, e viña o cura de dicir a primeira misa da mañá. E cando ve/agora tédesme que axudar, cando ve ao neno, coa xaula cos tres paxariños i as tres mozas detrás o cura empezouse a persinar e dixo: pero que pasa? Pensou que era unha visión, así pola mañá cedo, e sabedes que fai? vai, achégase a eles e dálle unha azouta na cacha á máis nova que era a que iba detrás, pero resulta que cando o cura tocou coa man na cacha da máis nova xa non se puido desapegar; quedou apegado á cacha da nena, así, e vou acabar en seguida eh! Porque esto podía ser eterno, un pouco máis adiante no camiño iba un home con unha xugada de bois ou vacas ou o que fose e un arado labrar unha terra. E cando ve aquelo, e sobre todo cando ve ao cura coa man pegada na cacha da nena máis pequena sacou/vós sabedes o que é unha vara con aguillada? non? unha barra que ten na punta un ferro de clavar, ti si, eles no, eles no...bueno...pois unha vara que ten a aguillada vai e dice: a ver se é verdá ou é que estou soñando, e clávalle a aguillada na cacha ao cura. Ah! Pero xa non a puido desapegar.
Fixádevos o que atopou un tratante de mulas que iba polo camiño con cincuenta mulas e axudádeme: o neno, coa xaula dos tres paxariños, as tres irmás, o cura coa man pegada á cacha da máis pequena, o labrador coa xugada de bois e o arado detrás; i aquel home cando ve aquelo dixo: pero, que pasa aquí? Colle unha corda dunha mula, bótalla por encima ao arado e tan pronto a corda toca a xugada de bois xa non a puido desapegar.
Éivola acabar, resulta que tódolos mozos que pasaban por diante da princesiña fixeran de todo e foran incapaces de facerlle rir, non había maneira. Mira que era sosa a condenada eh! Non había maneira; pasaran todos e só quedaba este neno que vos digo, pero non lle querían deixar pasar, porque co que viña detrás...eh? Home deixádelle pasar que é o único que queda no reino, haber se pode conseguilo e tal, bueno, total, que lle deixan pasar e entón a princesiña empeza a mirar pa o neno, agora axudádeme, agora si, vale?...pra o neno, coa xaula cos tres paxariños, coas tres irmáns, co señor cura coa man pegada á cacha da máis nova, non me chegan os dedos, co labrador coa xugada de bois e o arado detrás i o besteiro este que vos dixen coas cincuenta mulas. E empeza a mirar, a mirar, e non sei que, non lle facía gracia, anda muller volve a mirar a ver se hai algo que che chiste e tal, e resulta que despois de mirar vinte veces, unha vez fixouse no señor cura que levaba a man pegada á cacha da máis nova e dixo: bueno...bah! E dixo o rei: pra ti, que che fixo rir.
E pasou moito tempo, como acaban os contos?, e foron felices e comeron perdices e a min non me deron porque non quixeron. Pero sabedes cal é o mellor deste conto? Non axudastes nada eh, pero bueno...pa a próxima, sabedes que é o mellor deste conto? Eu, que estaba alí, vin ata aquí pra contárvolo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro