O sábado pasado celebramos aquí, bueno, organizado pola asociación Rente ao Couce e,e,e unha,a,a unha serie de, de actos, non? encamiñados a recuperar unha feira que desapareceu, a Feira do 12. Desapareceu alá polo ano 62, non? Entón, bueno, nos tocou aquí aos do Colectivo Patrimonio dos Ancares pois dar a,a,a a charla histórica, non? Entón, vou empezar por aí.
E,e,e ademais de tratar co gando, nas feiras tamén se trataba co futuro das persoas, en moitos casos, como o amaño dos casamentos e,e,e sen intervención da parella, sobre todo da muller; eran os coñecidos como "casamentos de trato". E,e,e, nunha feira celebrada en Seixas, en Cervantes, os cabezas de familia de Piornedo i,i,i Degrada acordaron casar á filla e ao fillo. Ao día seguinte o de Piornedo foi a Degrada para e,e,e formalizar o día da voda. O fillo, o primeiro que fixo ao chegar, en vez d'ir a ver á moza, foi directamente á corte das vacas a ver, á corte, a ver ás vacas i aos bois. Á moza, evidentemente, non lle gustou aquilo e díxolle que se casara cos bois e cas vacas. Isto é real, aconteceu non fai moito, a mediados e,e,e nos anos 60 do pasado século XX.
As liortas tamén eran frecuentes, documentándose por ducias. Collemos a prensa da época i eso é (...) non se acaba nunca. Moitas co uso de navallas e paus, e incluso con pistolas como, por exemplo, as acontecidas no mes de abril de 1903 na feira de Becerreá ou, ou en decembro de 1912 na da Proba de Navia. O Portelo é unha poboación, hoxe en día abandonada, situada entre O Bierzo e Cervantes. Ata mediados do pasado século XX era o sitio de paso para asistir ás feiras de Pedrafita, Cervantes e,e,e Becerreá e Veiga de Valcarce. A Veiga é un concello de, do Bierzo. Un día houbo unha discusión por unha partida de cartas entre dous homes que fixeran noite nunha venta do Portelo. Un deles morreu a estacazos, feito que au/ ocasionou un conflito xurisdicional sen precedentes entre a xustiza, e todo porque o morto caeu nos dous territorios, quedándolle os pés nun lado e a cabeza noutro. Os xulgados de Galicia e León non se poñían d'acordo para, para ver quen levantaba o cadáver. Mentras as autor/ as autoridades discutían sobre as competencias, a expectación medraba por horas arrededor do morto. Ao final foron os máis vellos da zona os que deron a solución: Galicia tiña que facerse cargo porque fora onde lle quedaran os pés ao morto. Razoouse así porque dicían que os pés ían sempre para onde lles mandaba a cabeza.
Autor/a da transcrición: e~xenio