Pois si, contarvos e,e,e u,u,un, un xogo de panda de aquí de,e,e de Melide, pode haber ao mellor en outros sitios pode habelo, pero que lle chamen como lle chamamos aquí, no,o,on non creo. É: ¿Qué oficio tiene mi polla? E,e,e pode sonar, así, un pouquiño,o,o escatolóxico ou pouco máis, pero nós pensamos que e,e,e 'polla' aquí fai referencia a,a,a a animal de carga. Eh! No,o,on (...) Porque daquelas aquí, pois, aquí e en toda Galicia cando había unha feira pois a xente, pois traía pois burros, mulos, cabalos donde traían os seu,u,us digamos, os seus e,e,e o que facían, é decir, os seus e,e,e materiales de, de, do que vivían, cesteiros, e,e,e traían os seus ces/ cestos de tódolos tamaños, e de todos, tódolas feituras (...) Daquela empregábanse moito os cestos, non había bolsas de plástico nin había nada. Había xente que traía,a,a (...) Pois moitos era, tamén, enxamios de todo tipo (...) Entón, e,e,e nós pensamos que, que, quere decir, o oficio, é decir, era o que traía o,o,o digamos o,o,o o,o,o o jumento, non me sale en galego.
Entón, é moi sinxelo: Unha panda, un que salta e unha madre. O,o,o da panda, o que está agachao, e a madre pactan un oficio, por exemplo, carpinteiro. Entón, o que salta pregunta: ¿Qué oficio tiene mi polla? O que panda pre/ dille: Carpinteiro. O de arriba (di): Pois que non lle falte,e,e o martelo. E,e,e -Pois non, ten. -Que non lle falte o serrón. -Deso ten. -Que non lle falte (...)
E así, canto máis vocabulario máis rico tivera o que, o que montaba, máis difícil era (incomprensíbel) decir o, o, o nome que pactaran, e,e,e o instrumento (ou) o útil que pactaran a madre e o,o,o e o,o,o o de abaixo.
Que pasaba? E,e,e íbamos moitas veces pois ao, ao taller dun carpinteiro ou du,u,un dos, daquelas había moitos oficios, ou du,u,un dun zapateiro pois pre/ preguntándolle as cousas máis estrañas pa poder dicilas porque ti dis, martelo, dis e,e,e tenazas, dis tal, sabes que te van cachar porque é o máis habitual que (...) Entonces, claro, cantos máis nomes dixeras máis se cansaba o que estaba (de) pandando, entonces era a maneira de, de termar. É decir, que era un xogo de panda, de aguante, de saltar claro, evidentemente, o primeiro salto que facías era pa cansar, e despois de saber, de, de procurar saber.
Autor/a da transcrición: e~xenio