Seguimos tendo esa parte arqueolóxica que é unha das partes máis importantes que temos no museo, gardamos restos arqueolóxicos das escavacións arqueolóxicas, bueno, que se fixeron nos ano,o,os 80, finais dos 80, dos 90 pola Universidade de Santiago nun castro e nunha vila romana, son materiais interesantísimos. Seguimos conservando eses restos arqueolóxicos dos nenos dos anos 70 que levaban aos seus mestres, siguen, aí, nunha vitrina porque, bueno, son interesantes en si mesmos porque falan da cultura dos castros que tiñamos na comarca, e ao mesmo tempo porque é un pouco a,a,as os alicerces deste museo. No? Son as pezas coas que naceu, é a esencia deste museo. No? De feito algunhas pezas son moi interesantes porque son únicas (...) son bastante interesantes. Temos un idoliño mui pequeniño, un idoliño feito en, en esteatita que é impresionante, o sea, é unha peza que en poucos museos, por non dicir en ningún, vimos esposta. No? E,e,e e bueno tamén apareceron, temos, bueno, pois a punta de lanza que é fundamental, no? Esa punta de lanza que apareceu na rúa de Me/, no centro de Melide en achados casuais, o sea, eso sigue sendo (a guía) a parte casi máis importante do museo, pero máis importante para a xente do pobo é a parte etnográfica porque é o que coñecen, o que viviron e o que lles recorda aos seus, as súas orixes, no? os seus avós, os seus pais, o que eles viviron de nenos.
Unha das seccións máis importantes que temos é a do zapateiro porque o zapateiro é un oficio gremial en Melide, e dende o século XIV, existe unha cofradía, bueno, existía unha cofradía de zapateiros e curtidores que regulaban o oficio e,e,e os zapateiros de Melide repartían, bueno, polas feiras comerciaban os, o calzado que facían aquí ata mediados dos anos 60, o sea, esa cofradía durou 600 anos, unha,a,a auténtica,a,a memoria viva, non? da, da historia. E,e,e e bueno, temos montado o seu taller, temos montado un taller de,e,e de ferreiro tamén moi interesante. Non había,a,a grandes ferreiros nesta zona, había,a,a poucos pero,o,o bueno, si conservamos e,e,e os seus restos. Importante porque si houbo unha fábrica de punta,a,as e,e,e no mosteiro da,a,a de San Antolín da Capela. Unha vez que se desamortizou, fundouse alí unha fábrica de puntas que ten un pouco que ver, bueno, pois tamén temos parte da esposición dela. No?
Eso, a,a,a a historia que se repite que utiliza os mesmos espacios para,a,a para re,e,e/ reutilizarse. No? E bueno e,e,e tamén temos unha mostra do tear. Un tear dunha señora que estivo confecionando ata os anos 80 con el, e depois deuno ao museo e,e,e é mui curioso porque ese tear iba ir para,a,a para leña. A señora faleceu non anos 70, xa mui maior, mui maior, entonces os, os fillos, pois lles estorbaba ese telar, xa non sabían que facer con el, esa peza bueno, pois xa non a querían para nada, no? E a iban a,a,a destinar a,a,a á lareira, no? I, entonces o,o,o o museo non quería que se perdera unha, unha peza tan importante porque era un tear moi antigo, bueno, pois pode ter cerca de 100 anos agora mesmo, no? Entó,ó,ón para,a,a para que non fora para o lume e,e,e mercouse ese tear, pero mercouse e,e,e o precio do,o,o do tear foi un carro de leña, o sea, o que ese tear iba facer que era ir para leña, pois cambiouse por un carro de leña, e nos deron o, o tear, no? para aquí. Entón, bueno, son anécdotas mui, mui curiosas que bueno, que,e,e que é interesante. No? Moitas das pezas viñeron así, eh! un cambio por outro, no? A veces, pois a xente necesitaba pois, ao mellor, non sei, e,e,e algún favor dalgún tipo entonces, a cambio, daban unha peza. Estou falando dos anos 80, eu xa non recordo esa parte, no? Pero moitas pezas do museo conseguíronse, conseguíronse así, non, non mediante cartos. No?
E,e,e bueno, pois aquí, eso, se sigue a recuperar a memoria tódolos días. Tamén a memoria inmaterial, non solo a, a, a material, a que podemos observar, a que podemos ver e,e,e no museo esposta. No? Que, por certo, tódolos anos siguen chegando pezas, xa non sabemos, xa temos o almacén que podíamos facer tres museos con el. No? Sobre todo peza de, de carpinteiros e zapateiros. Pero, bueno, tamén gardamos a,a,a a memoria inmaterial, a,a,a dende fai unhos anos, tamén queremos recoller e,e,e o que a xente pensa, o que a xente contaba nas súas casas, o que a xente falaba, o que a xente cantaba, no? E nós consideramos que eso forma tamén parte da historia, eso non se pode espoñer, non se pode ver cando veñen a visitar o museo pero si é necesario gardalo tamén. I, a única forma que temos de que a xente o vexa é publicándoo. No? Entonces publicamos, bueno, o bole/ no boletín do museo. Ese boletín xa empezou no ano 82, leva actualmente, ahora estamos confecionando, estamos nestes días facendo a,a,as a,a,as correciós do boletín, xa vai salir á luz, nada, dentro dun par de semanas, é o número 32 xa, no? vai ser, levamos 32 anos, non, non seguidos pero si 32 anos dos 42 do museo ela/ editando este boletín onde se recollen, bueno, aparte de traballos de investigación, tamén se recollen contos, falares, cantares e,e,e fotos, vivencias de,e,e de persoas. No? Moitas veces moita xente e,e,e nos acusa de facer un/ unha gacetilla máis que un boletín e,e,e divulgativo pero que,e,e claro, a,a,a á xente de fóra pode non interesarlle pero, si, á xente de Melide, entonces, é unha forma de recuperar, tamén, esa memoria. Ao mellor, ese boletín como o mandamos de intercambio a moitísimos museos, a outras instituciós, claro, a bibliotecas, pode non interesar os artigos e,e,e a moita xente, no? Pero aquí a xente de Melide toda, ahora, porque o repartimos a semana antes de Nadal, o repartimos entre os socios do museo, e a xente xa está desexando lelo (...) Nesta época xa nos veñen a preguntar: "Xa saíu o boletín? Está para saír?". Porque lles gustar ler e/ esas historias de Melide. Contamos moitas cousas, bueno, sobre todo do século XX. No? Desa memoria actual que hai agora, bueno, que, que bueno, que podemos recuperar da xente que todavía queda, entó,ó,ón, pois, gusta eso, no? E,e,e pois si nos anos 20, pois fulanito iba a tal sitio, que si os autobuses de non sei quen, que si as feiras do, do outro sitio, que si as tendas que facían os melindres, e,e,e que si,i,i na casa de non sei que se compraban tales contos. Bueno, todas estas historias que parecen de gacetilla, incluso falamos de defunciós, de que si non deixou fai 20 anos non sei quen, bueno, e a súa vida foi intensa, home, todas estas gacetillas, pois, gardan un pouco esa memoria do pobo. No? Enton/ bueno, eu entendo que dentro de,e,e 200 anos tamén vai ser historia, a mesma historia que si podemos contar agora algo que pasara no século XVI. No? Entón, bueno, pois eso é o que, no que traballamos agora no museo, xa non tanto na parte,e,e física, que tamén, pero bueno esa xa está aquí montada, sinón nesa parte máis inmaterial, (mais) que chega tamén ao sentimento.
Autor/a da transcrición: e~xenio