Antón Cortizas: Sabes o que é unha pega?
Participante: Si,i,i.
Aldara: E,e,e (incomprensíbel)
Antón Cortizas: Que é?
Antonio Reigosa: Un defecto. Tes unha pega!
Antón Cortizas: Que é?
Aldara: Un paxaro.
Antón Cortizas: Efectivamente. É un paxaro. Un paxaro, a ve/ todos coñecemos as pegas. Non? As brancas i as negras pero hai outra pega que se chama pega rebordana.
Participante: Pega?
Antón Cortizas: Rebordana. Noutros lugares, chámaselle pega marza i noutros lugares, digamos así, (o nome máis xenérico) sería o gaio, o paxaro gaio. É precioso, é do tamaño da pega, un pouquiño máis grande tal ves, i ten a, é acastañada i ten por aquí unhas penas, unhas plumas nas ás que son azuis entón cando voa é espectacular, é moi bonita. Cada vez a vemos máis, está en espansión agora, agora mesmo ((Risas)) Bueno, pois chamásmolle a pega rebordá. Esta, esta, este enredo que é un xogo, un xogo, pa que mañá o contes ti na escola, mañá non que non hai escola, o luns. Eh? I o trasmites na escola para,a,a para as túas, as túas persoas amigas que teñas alí. Entón, esta é a pega rebordá que puxo un ovo no quintá, na casa de tal. Eh? E puxo un e rebordou porque as pegas sabes que fan ((imita o son))
A pega rebordá
puxo un ovo no quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou…
Verdá? Puxo (...)
Aldara: Catro.
Antón Cortizas:
Puxo catro e rebordou,
puxo cinco e rebordou,
puxo seis e rebordou…
Podemos estar así (incomprensíbel) Quen pon máis ovos?
Antón Cortizas: A ver, veña! O texto é ben fácil:
A pega rebordá
puxo un ovo (...)
Participante: Teñen, teñen ese libro na casa o que pasa que ca versión de:
Esa pega rebordá
puxo un ovo na campá
Antón Cortizas: Puxo un ovo na campá (incomprensíbel) tamén é unha versión que teño eu recollida en Mugardos.
Participante: Si. Pois elas teñen un libro na casa con esa (...)
Antón Cortizas: Un libro con ese.
Participante: Si.
Antón Cortizas: Na campá. Bueno, pois vale na campá, igual que na quintá vale na campá. Ese, este da campá, cando,o,o di así, é o que sei, a ver si o sabes ti así (...) Ti o sabes de memoria?
Aldara: (Así, así)
Antón Cortizas: A ver, veña, di! En alto que eu son xordo ((Risas)) A ver.
Participante: Dálle vergonza.
Antón Cortizas: Pero é o da pega ou é un chiste? ((Risas)) A ver, bueno, voute axudar.
A pega rebordá
puxo un ovo no quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou,
puxo catro e rebordou,
puxo cinco e rebordou,
puxo seis e rebordou,
puxo sete e rebordou,
puxo oito e rebordou,
puxo nove e rebordou,
puxo des e rebordou,
puxo once e rebordou,
puxo doce e rebordou,
cando a ducia estaba posta
dixo a pega ben disposta:
son a pegá rebordá
poño ovos na campá.
Esta é a versión de, de Carnota, perdón, de Mu/ que eu coñezo de Mugardos que non sei en que libro está recollida.
Participante: Non, é un libro infantil pequeniño que lle regalaran de pequerrechiña.
Antón Cortizas: Bueno, ben. Pois a versión materna que supoño que será da, da parte de Vilarmaior que é de onde era miña nai di así:
A pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou,
puxo catro e rebordou,
puxo douscentos doce e rebordou,
(...)
Será así?
Participante: Era unha pega poñedora!
Antón Cortizas: Eh? Ti cres que eso ten xeito?
Aldara: Non.
Antón Cortizas: Ningún. Non, pois non ten xeito. É así(...)
Participante: Aquí é na portela.
Unha pega pegarela
puxo un huevo na portela
Antón Cortizas: Tamén. Outra, outra versión. A ver, eu vou decir cal é o xogo, o enredo feito con estas palabras que son, pois eso, unha lenga-lenga de tradición oral pero que encerra un brin/ un, un xogo mui bonito. É así. Observa, eh! Que o luns sabes que o tes que contar na escola. Eh? Eu collo todo o aire que poida, todo o ar que poida, así ((colle ar))
A pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou,
puxo catro e rebordou,
puxo cinco e rebordou,
puxo seis e rebordou,
puxo sete e rebordou,
puxo oito e rebordou,
puxo nove e rebordou,
puxo dez e rebordou,
puxo once e rebordou,
puxo doce e rebordou,
puxo trece e rebordou,
puxo catorce e rebordou,
puxo quince e rebordou,
puxo dezaseis e rebordou,
puxo dezasete e rebordou,
puxo dezaoito e rebordou...
((Risas)) Dazaoito. O outro día puxen, puxo vinte e dous. Eh!? Entonces, podemos facer un xogo entre nós de a ver quen pon máis ovos. Non é? Que tampouco pasa nada se pos poucos ovos ((Risas)) Non ten nada, ningún, ningunha cousa. Aprendíchelo?
Autor/a da transcrición: e~xenio