Con isto somente quero explicar de que ao redor, ao noso arredor, nós como crianzas adultas que somos i elas como crianzas, crianzas que son, temos unha auténtica xoguetería, inmensa. Hai centos e centos e centos de brinquedos ao noso arredor. En, todos enriquecidos con algo máis que é o produto que a natureza nos ofrece i o produto que nós ofrecemos á natureza que son as nosas propias mans i a nosa propia creatividade. Entón, non encontrei nada máis que unhas follas de hedra, así, para, pa saír do paso de forma rápida. Entón, cunhas follas de hedra que bueno, unha hedra non, é unha hedra, pero, mira, a ver si me sae, eh! Porque todo é, todo, todo nesta vida é erro, ensaio-erro, fracaso-triunfo, bueno, esas cousas. Non? Entón, cunha, podemos ir pola, pola vila adiante, mirando por unhas herbas, outras herbas, outras herbas, chamarlle a todo herba e sabemos que non é así, non? Que cada cousa ten un nome. Entón, ademais diso o brinquedo tradicional sirve para identificar o noso arredor. Entón, unha das cousas que foi a que apareceu aquí (é) os asubíos que se poden facer cunha folla de hedra; non só de hedra, hai máis o alfaneiro tamén serve para isto i máis cousas. Non? E dáselle unha volta así, ten que estar fresca, claro, i asóplase por aquí, si non funciona, non é fracaso, é que saíu mal, na máis. Eh!? Entón é así, asubíase así, agárrase por aquí, faise unha pequena tensión, tápase a parte d'abaixo porque si non o aire escapa por aí i o que facemos é (...) Bueno, xa, xa, bueno, algo escoitáchedes. No? Que sodes menos xordos ca min. Bueno, iso. E, por esto que está pasando aquí ahora a min, o que me está pasando, é tremendamente importante porque é o non dobregarse a que unha cousa non sae ben e volvelo a insistir. Isto para as crianzas, para os que fumos crianzas i que seguimos sendo, pois tamén é, é realmente unha aprendizaxe importantísima. Non? Bueno, que sirve? Pa entreterse.
Autor/a da transcrición: e~xenio