Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Tres pinceladas así de, de distintas épocas históricas e,e, que serían e,e,e os carlistas, o,o,o de cousas que sucederon aquí: os carlistas, o,o,o o que sería despois os bandoleiros i o que sería de, na última etapa, os guerrilleiros. Falo do século XIX e XX. E,e,e no século XIX, houbo uns carlistas bantante fortes sobre todo en Chantada, e un deles era O Ebanista, morreu en Bandomil e,e,e porque en Bandomil si, era a capela de Bandomil había e,e,e que esta era unha parroquia de aquí de Taboada (...)
Participante: En san Martiño?
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: En Couto, en san Martiño do Couto. E,e,e foi onde morreu. Outro, outro deles morreu no Torrón, e,e,e había unha, unha partida, por exemplo, unha partida non, un, un reximento de,e,e en Meixonfrío que é onde é a Ana, e,e,e había, alí é onde estaba a guarda, precisamente, ou sea, porque había moitos destacamentos igual que houbo outros destacamentos na época da guerrilla entre, entre localidades intermedias, aquí, entre Chantada e Taboada, e,e,e porque estaba, había postos para, para controlalos, e foi unha, unha zona conflitiva en moitas, moitas épocas da historia. Entón, despois desa época estaba o tema dos, do carlista d'aquí de,e,e de, de Castelo que é a que deu a lenda esta do Carballo dos cartos que se trataba dun carlista que marchou e,e,e pelexar, defender o seu, os seus intereses, ou sea, porque normalmente eran os intereses contra os liberais, e,e,e i a favor de,e,e dunha confesión única, dunha Igrexa pois mui, mui fechada que era, a idea era que non pudera haber liberdade de culto e,e,e naquel momento, ou sea, a primeira carlistada, o destes, o desta primeira carlistada foi no, no, no 1840-50, foi cando foi eses, eses primeiros do Ebanista; tamén había en Paderne, aquí, ao lado de Chantada, a Juanita de Paderne que era e,e,e unha bandoleira que salía tamén con eles e bueno provocara bastantes altercados e bastantes, bueno, pois sobre todo pola súa condición libertina, ou sea, ao mesmo tempo, dentro da partidas había mulleres que eran e,e,e ou sea, un, un contraste, un pouquiño (libertinas). Pero, no Carballo dos cartos pois eso, foi un señor de Castelo que marchou, ou así, así o di a lenda, marchou combater e deixou o tesouro nun, nun carballo que tiña un oco e,e,e nese carballo pois quedaba, quedaba alí, depositado e despois el mandáballe cartas á muller para decirlle donde, (onde) podía atopar, como tardaba, onde podía atopar para sustentarse e para pode seguir mantendo o seu nivel porque claro os carlistas eran de casas, normalmente, fidalgos, (cando menos). E,e,e o problema foi que tiña uns dic/ unhas versiós era un veciño ou noutras versiós era un criado que lle lía as cartas ou alguén que era (como) un administrador, e no, ao lerlle as cartas pois, á señora esa parte pois omitíalla ou contáballe outra historia. El foise apoderando da riqueza hasta que (incomprensíbel) carballo e cando chego/ voltou o carlista pois xa non había, xa non había (incomprensíbel) cartos. O certo foi que no,o,os anos, como,o,o 2000 ou dous mil e pico, pos si trouxeron un carballo que bueno, así cunha lenda que estaba, para min, tamén, media lenda tamén, estaba como un pouco serrado (...) transplantárono, alí, ao lado do campo da festa e se lle, se lle chama (do) Carballo dos cartos.
Antonio Reigosa: Pero eso é un fenómeno curiosísimo porque se pon o elemento que o identifica despois de que o,o,o relato funcione.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si.
Antonio Reigosa: Non?
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si. Si.
Antonio Reigosa: Está ben.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: O,o,o relato en si, ou sea, antes decíanme que Reboredo, si é certo, que recolleu, recolleu esa historia pero a historia orixinal e,e,e era Manuel (incomprensíbel) un mestre galeguista que estaba,a,a dera clases aquí en Castelo, e bueno, eu tiña na familia, e,e,e i ademais atribuíuselle a casa do (incomprensíbel) de Castelo que era, é unha tía miña era desa casa, o que pasa é que os da casa sempre negaron que era deles, decían que era dos Ulloa, pero bueno a historia por aí andaba porque eran as casas que tiñan máis, máis forza no lugar e,e,e e,e,e bueno, o,o,o (...)
Antonio Reigosa: Publicouno.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Publicouno n'A Nosa Terra nos anos trinta (...) Ou sea, así, foi a versión, a versión orixinal pois é esa i así se pode, bueno, eu ahora mesmo non podo dicir o ano exacto pero si, si está n'A Nosa Terra.
Francisco Almuíña: Xosé, i eso de que hai unha casa de Taboada que [es]tá feita cos cartos do carballo,o,o?
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Bueno, e,e,e o que pasa é que ese tipo de lendas repi/ repítense moitísimo, é igual pola, pola fronteira do río pa baixo (incomprensíbel) co contrabando e bueno, bueno.
Francisco Almuiña: Bueno, pero quero decir (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si, si.
Francisco Almuiña: En todo caso e,e,e identificaría, digamos, a quen levou (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: (A quen ) foi o beneficiario. Si.
Francisco Almuiña: (Incomprensíbel) foi o beneficiario.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Ben, e,e,e despois e,e,e dos carlistas, na misma época, na misma época, non, na carlistada do 1870, había no Batán que é a parroquia de Gondulfe, aquí, aquí, tamén moi próxima, e,e,e un carlista que este si que era Domingo Batán, perfectamente identificado, e,e,e que, que e,e,e tamén e,e,e foi ao seminario, despois volveu, ou sea, tiña,a,a a casa do Batán era igualmente unha casa perceptora de rendas, e viña cunhas ideas pois, evidentemente, contra os liberais que era, era nos 70 xa era, era outra época forte de contraatacar porque era cando había dereito ao voto dos homes, e,e,e unicamente. E,e,e entón, ante esas ideas liberais pois (il) tamén botouse, botouse ao monte e,e,e púxose tamén á frente dunha, dunha banda. E,e,e sábese ou cóntase que tamén que escondía nos carballos o,o,o diñeiro i os trabucos tamén, ou sea, cos que iba a, a,a,a aos que salía de noite por aí e despois e,e,e metíase, escondía tamén en palleiras do pan, e tuvo, de, de herba, de herba, desas que se facían no, ao segar, el ao final escapou para,a,a Arxentina dentro dun, dunha cuba de viño, ou sea, porque estaba tan perseguido que (así era a,a,a). Chegou a fundar no Batán, o lugar de Batán que hoxe é unha cidade e,e,e unha cidade xa bastante grande que, por certo, ten unha cadea tamén importante e,e,e e que hoxe está, está alí (...)
Antonio Reigosa: Ese (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Leva o nome do Batán. Si. Do que (...)
Antonio Reigosa: Ese que escapou (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Domin/ Domingo Batán era d'aquí, era d'aquí, d'aquí de Taboada, e si, foi un dos, un dos carlistas, bueno dos últimos dos que a xente contaba e sabía das historias, das historias do señor este, e,e,e (...)
Antonio Reigosa: O que fai o viño!
Autor/a da transcrición: e~xenio