Aínda que sexan
de pouco concerto,
sexan como foren,
serán ao meu xeito.
Heinas de cantare,
en aquel ton mesmo,
ou do saramago
que naceu no teso.
Os homes xouvíos
dirán, eu non cho creo,
Marcos da Portela
relouca de vello.
¿E iso que importa?
¿Que temos con eso?
Se eu quero folgarme,
calen, pois, lavercos.
Heinas de cantare
no Monte Porreiro,
cando nas cachadas
sembrare o centeo.
Cando for á vila,
para o meu contento
verein que as saudades
cantando son menos.
Mais no día santo,
se hai gaita ou pandeiro,
alí miñas copras
farán o seu efeito.
Cantaranas nenas,
cantaranas nenos,
bailarán os mozos,
os mozos solteiros.
Por farme mercede
cantarán nos medios:
"Marcos da Portela
poetra vello.
Marcos da Portela
de Monte Porreiro
é vello nos anos,
é poetra neno".
Agora, pois, vamos
dicindo nos versos
que cousas falaron,
que cousas dixeron.
Sentados no chan,
deitados nos fentos,
todos vinte e catro,
despois de ben cheos,
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro