Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: E,e,e a outro tema que vimos pola mañá foi que,e,e dentro das decoraciós con cal, (os) revestimentos dos muros exteriores e,e,e os revestimentos, as paredes antes non estaban coa pedra á vista, ou sea, as paredes tiñan revistimento e ese revistimento era de cal e area e,e,e na Ribeira Sacra é unha zona das que máis se conservan na zona rural de todo,o,o Europa, casi me atrevería a dicir, de zonas rurais propiamente, i a,a,a zona, o concello de Taboada é o que máis concentra dentro da Ribeira Sacra ou máis concentraba no ano 92, como 340, e,e,e Vilela, en concreto, é o que máis ten en número dentro, dentro do concello de Taboada. E,e,e por que? Bueno eso xa sería para especular. E,e,e dentro desas decoraciós, este, estes revistimentos de Vilela non só sobresaen en número senón tamén e,e,e surgirían pola, pola calidade. Hoxe pola mañá vimos o de Vilariño de Arriba, vimos, igualmente, o de Ralle que está recuperado e,e,e cando menos na idea,a,a non tanto na técnica e no material pero si, si na idea, e,e,e vimos despós, bueno, outros que quedan, xa, máis, e,e,e como tamén na Casa Nova de Ralle, e,e,e aquí, ao lado, hai, hai algún, antes había tamén (...)
Participante: En Zoás, en Zoás.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si. Zoás, na casa do (Rigueira) (...) Impresionante. Pero, aquí, aquí había outro tamén mui bon, antes, cun galo, unha cruz e,e,e bueno, ademais dunha cruz de Vilela que está, que está desfeito pero, aquí, en Rioseco, tiñan, tiñan outro dunha casa que tamén que caeu. O sea, hai, era, é unha zona de gran riqueza, ou sea, había como,o,o 20-30 na, en Vilela mesmo no (incomprensíbel).
Esas decoraciós e,e,e non son simples trazados que alguén, non sei si desde aí alguén o pode ver, con máis ou menos seguridade, pero o que si hai, hai unhos trazados, unhas faixas perimetrais, o sea, arredor de toda a fachada ordenando o que, o que son as plantas de edificación, arredor, igualmente dos ocos, o sea, esa, esa estrutura sinala que hai unha composición, o sea, non era postos ao azar, había unha distribución perfectamente marcada e,e,e xeométrica en unhos casos, e,e,e en Vilariño de Arriba, vemos, por exemplo que eran unhos rombos ou (losancos) que é, que é a forma esa tradicional que se ven desde Flandes e vese, vese por Estremadura, por Andalucía, por Portugal, ou sea, vese que é unha forma que está mui, mui repetida, e,e,e a característica fundamental desta zona son e,e,e que xa vén desde o gótico tardío, e,e,e sería a vírgula que sería a mitá desto, non atopo aquí unha vírgula concreta, (ou esto) unha vírgula sería unha vírgula, unha gota, hai moitas formas de chamarlle que despois foi evolucionando ao peixe, ao galo e,e,e dando, dando ou/ outras formas diferentes. E é un esgrafiado porque leva dúas capas, o sea, unha primeira capa que se, que cubre totalmente a parede, e (según) e sobre esa se/ primeira capa bótase outra en fresco e recórtase, trázase unhos dibuxos e recórtase e déixase a ver, a capa inferior o que provoca un contraste tanto na, e,e,e no que sería as cores, o branco da cal frente ao recebo máis oscuro, igualmente, e,e,e esta parte é máis lisa e a outra ten máis e,e,e máis (rugosidade), ou sea, máis imperfección, ou sea, provoca un contraste da luz e,e,e aí, aí está o, o detalle do que sería o esgrafiado, poder ver en positivo ou negativo, como no caso de Vilariño de Arriba onde hai, por exemplo, un galo,o,o negativo, despois dous homes cunha, cunha xarra no medio en positivo C...) É (incomprensíbel) nesas formas. I esto é o que vimos, o,o,o (...) Non se pode conservar todo, non é,é,é capacidade nin moito menos, o que se trata é ese valor, e polo menos, algús, algús exemplares e antes de,e,e facer unha restauración ou,u,u recuperar unha fachada pois que o, cando menos, o propietario que pense e diga: "Bueno, merece ou paga a pena conservar esto ou non?". Eso, eso é do que se trata.
Antonio Reigosa: Esta mañá dabas unhos datos que a min me parecen moi interesantes que decías: "Fixemos un inventario e localizamos determinados concellos". E facías unha comparativa co norte, con, co Alentexo (...) Me parece (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si, con Évora do Alentexo, si. Ou sea, o caso de, de Taboada, e,e,en Taboada había como 340 ahora tería que consultar o (...)
Antonio Reigosa: Máis ou menos. Si.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: O da,a,a o número exato e,e,e no Alentexo pois hai tamén unhos, unhos, hai uns 300 e pico en todo o Alentexo que é unha rexión pois que é más, más amplia ca Galicia. E,e,e en Évora pos é un número pequeniño, ou sea, a parroquia de Vilela, ao millor, tiña tantos como ten Évora hoxe en día, onde están protexidos, ou sea, esa é a diferencia e a curiosidade. Hoxe, os esgrafiados onde máis coñecidos son en Segovia que aí si están ben, ben, ben protexidos e conservaos. En Salamanca, un pouco, un pouco en Estremadura e despois os modernistas en Barcelona. E,e,e é unha pena que non, que non se tomara más en serio, aquí si se fixo algo no, no, no 2017 e gracias, entre outros a Francisco que,e,e desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, si se implicou e,e,e en serio e,e,e si, si o entenderon, tamén, un pouco e así se recuperaron dúas edificaciós, unha en san Xulián do Campo, a Casa do Camiñas e despois outra en Montefurado que son dous, dous lugares emblemáticos dentro da, da Ribeira Sacra e fixéronse dúas espe/ esperimentaciós novas, unha en Barxacova, en Parada do Sil e outra en Castrocaldelas dentro do núcleo histórico.
Antonio Reigosa: É importante que saibades que ese libro que ten aí, non é necesario que o compredes (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Xa.
Antonio Reigosa: Porque está,á,á pra descargar en Internet completamente i ademais, bueno, xa vistes con fotos a cor, con unha relación completísima (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Poñendo esgrafiados na Ribeira Sacra pois si. O nome de esgrafiados, que aquí chamábaselle encintaos e con modestia fun eu no noventa e pico, quen dixen que eran esgrafiaos vendo o que había noutros lugares porque eran esgrafiaos, os grafitos que é como se lle chaman desde Italia, Portugal e,e,e por España adiante, por Europa e non, non ten outro tampouco (...) E,e,e i é por iso, porque son técnicas diferentes. O encintado, simplemente, marca,a,a as cintas ou as liñas de,e,e do que sería entre, entre os bloques de pedra e márcase e resáltase, o sea, porque o encintado de antes si resaltaba, non era para dentro porque para dentro metería a humidade na pedra, como se fai agora, e en realidade vai sempre para fóra e marca e resalta. Pero, neste caso, en moitos casos é imposible, incluso, que se lle porque nin se corresponde co fondo cando hai dibuxo nin se corresponde co fondo da pedra e, en moitos casos, non hai pedra, ou sea, hai moitos deles que están feitos en, sobre (trenzado), sobre palla-barro, sobre,e,e ladrillo, ou sea, hai, hai diversos materiais, ou sea, é imposible totalmente que sexan (...)
Francisco Almuíña: E hai dous, hai dous elementos que a min me parecen salientables, tamén, nesta historia, i é, por un lado, os que cometemos o erro de,e,e mudar ou de cambiar o,o,o o barro, ca, a cal e o barro polo, polo cemento, hoxe lamentamos que nas nosas casas onde nunca entrara a auga, ahora entra agua. Eh!? A, a,a,a o barro i o,o,o i a cal teñen unha capacidade plástica i de absorción que o cemento non ten. Vale? Entonces e,e,e unha vez que estaba saturado de,e,e de, auga, xa non entraba máis i cando a,a,a cando secaba pois e,e,e non había problema ningún. En cambio co cemento e,e,e ahora o cemento non, non se move i entonces, por, por onde haxa unha mínima rendixa vai entrar a auga e nunca vas saber cal é o sitio por onde entra. No? I o segundo elemento que a min me parece mui,i,i chulo i mui interesante desta historia é que si somos quen de recuperar este tipo de patrimonio, entre outras cousas, aparte,e,e da estima de, de ter un patrimonio único, pois tamén estamos axudando a que,e,e bueno, pois xente que está traballando no mundo da restauración e,e,e no mundo da albañilería e cousas destas, teña outra posibilidade ou outro elemento máis de poder ter un posto de traballo, de poder e,e,e gañarse a vida no seu territorio. I é curioso, pois eso, que ahora mismo a persoa que fixo estas res/ restauraciós é unha muuller que naceu en Valladolid pero que leva anos aquí traballando na nosa terra i que a partir, de,e,e desa esperiencia pois xa leva feito unhos cuantos traballos de,e,e de restauración, non? e que incluso, algús arquitectos se plantexan pois recuperar, digamos, nas fachadas (...) Porque aparte do elemento estético, é un elemento tamén moi interesante para,a,a para recubrir a,a,as as paredes. No? Ahora se, se volve outra vez a falar (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Biocostrución. Si.
Francisco Almuíña: Eh?
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: A biocostrución, o que lle chaman bioconstrución, ou sea, vai, vai nesa liña, ou sea, porque e,e,e ten unha función ornamental evidente, ten unha función estética, ten unha función simbólica polos elementos que hai pero tamén ten unha función construtiva, ou sea, de,e,e da, de soporte no muro e eso, ou sea, é sano, ou sea, sano para os que habitan, tamén, dentro, ou sea, é moito máis sano o cal que o cemento. Ou sea, eso (...) Pero ben, son erros tamén dos que se fixeron, por exemplo, na catedral de Santiago (incomprensíbel) gastando unha cantidá enorme porque nos 80 e por aí, cambiouse, botouse cemento e despois o,o,o a humidade empezou a afectar, por que, por esa, esa idea de tapar, tapar, tapar ao final pois non é, non é xusto a correcta, e o mesmo pasa cos casas. E,e,e o cemento, en todo caso, é un material moito máis fácil de usar, iso si é evidente, máis recente, ou sea, o cal e area era, é un pouco máis complexo o traballo pero tamén ten, tiña outras, outra, outras, outras ventaxes, e (do) cemento pois comézase a ver, xa, problemas dentro dese curto espacio de tempo que levamos, que levamos cincuenta, setenta anos (usándoos).
Autor/a da transcrición: e~xenio