Naceu en Taboada (Lugo) en 1969. Estudou Auxiliar Administrativo e de profesión é gandeira. Cando a vida lle permite uns intres participa en recitais poéticos, clubs de letura e tamen escribe. Colaborou nalgúns poemarios dixitais, en libros colectivos como Mesturas, Roteiro das Artes, Homenaxe a Manuel María, Mondoñedo é poesía 2014-2018, na revista Xistal, n° 21, ano 2019, O cancro, el, eu, nos de José Estévez López Poetas do reencontro, colleita galaico-lusa 2019.
Recibiu o primeiro premio na categoría senior no certame “Cartas de Amor Vila de Quiroga“ 2019.
Poeta Labrega que autopublicou Poesías: Algo de mí con mucho de ti, 2015, Latexos dunha labrega, 2017, Pintasías (poemas e debuxos para pintar, infantil), 2018 e Sentidos nunha aldea, 2019.