I ahora como hai algunhas persoas pequeniñas aquí que ao millor non viviron eso, vouvos dicir algunhas das cousas que pasaban antes nas aldeas.
Antes en cada aldea
os carros sempre cantaban,
nos ríos lavábase a roupa,
e nas leiras,
a xente asubiaba.
Hoxe non cantan os carros,
os ríos non teñen palabras
e as leiras están apagadas.
Antes en cada aldea
as lareiras tiñan risadas,
nos camiños bailaban os zocos,
e nas palleiras,
a xente aturulaba.
Hoxe choran as lareiras,
os zocos xa non saltan
e as palleiras estan caladas.
Antes en cada aldea
o pouco sempre chegaba,
nas casas vivía o gando,
e os veciños,
sempre a porta abrazaban.
Hoxe xa non chega nada,
o gando non ten parada
e a xente está lonxana.
Antes en cada aldea
a vida… respiraba,
hoxe, case suspira a vida
por aquel vivir de aldea.
Autor/a da transcrición: e~xenio