Francisco Almuíña: Agradecervos moitísimo, a verdá que para min é, é unha honra i é u,u,unha satisfación e,e,e saber que,e,e a casa do Romualdo sigue viva. Non? E sigue acollendo as persoas porque sempre, polo que decían meus tíos, sempre foi unha casa de acollida. No? Sempre había unha cunca de caldo cu,u,unhas castañas pa,a,a pa que a xente,e,e pudera estar a gusto nela. Non? Tamén é verdá que se rezaba.
Antonio Reigosa: Aquí?
Francisco Almuíña: Si. Contaba un día a tía Maruja que seica un veciño d'aiquí que era o Benigno do Toco, qu'era músico pero tamén era xordo, e,e,e e non debía ser moi creente; entonces, o meu abuelo que seica tódolos días se rezaba aí, na lareira e,e,e o rosario, o Benigno do Toco en canto vía que iban empezar co rosario decía: "Bueno, eu xa marcho." Entón, marchaba. Claro, imaxinádevos como estaba antes este corral, cheo de toxos, de,e,e de palla e tal; os becerros, as vacas por eiquí (...) Pero o abuelo, esa no/, ese día, trouxera un carro cheo de toxos e meteuno (eí) pola portada e deixouno dentro. I o Benigno como xa debía ir un pouco alumbrado, e,e,e marchou, na lareira empezaron a,a,a rezar o rosario i o Benigno apalpando a ver onde estaba a salida e non deu coa salida, e claro, tampouco se atrevía volver arriba porque estaban rezando o rosario. Total, que botou todo o rosario buscando a salida da, da casa. E cando viu que arriba acababan o rosario, volveu pa riba, entón me abuelo díxolle: "Non quixeches rezar o rosarío, fixéche-lo viacrucis." ((Risas)) Sobre todo polas espiñas.
Autor/a da transcrición: e~xenio