Pablo Quintana: Ao ano seguinte, e,e,e publícase O cego andante, no ano 82. Entón, pois, por ese tempo, por eso che digo eu que ao mellor, si, xa estábamos pensando en publicar ese disco, e mentras tanto metérase o outro, e publícase O cego andante, pois, na época que se publica Lembrando, dos Rosales, o de, o de Ricardo Portela, que eses graváronse en Radio Nacional cunha unidade móbil que viñera de Estudio Xoxoa de Galdácano, e,e,e bueno, eu fora testigo das gravacións de Ricardo Portela e de, e de, d’Os Rosales. Eu, daquela, e,e,e posiblemente, 81-82, si, eu creo que por aqueles tempos eu xa facía un programa en Radio Nacional, que primeiro chamábase,e,e Hoxe é domingo, e despois chamouse Gra/ Garmalleira. Era un programa que se emitía, bueno, colaboraba con Radio Nacional, e,e,e en programas a, a nivel do Estado. No? Por ejemplo, en, nun programa que había que se emitía os domingos pola mañá, creo recordar, non sei si despois da misa, ou antes, se chamaba Nuestro cantar, é posiblemente Nuestro Cantar, e aí entrevistara, aí fixera un programa, faci/ fixera un programa con, con Xosé Seivane, fora ao Chau de Pousadoiro a gravarlle unha entrevista, e fixera varios programas sobre música,a,a sobre música,a,a tradicional i músicos. No? E tamén colaboraba en Radio 2 con un, con un, un, un programa que se chamaba Nuestro cantar, Nuestro cantar, ou, bueno, ahora mismo non teño fresco ese dato. Non? Pero era un programa que dirixía,a,a (…)
Antonio Reigosa: Nuestra cultura popular, di aquí.
Pablo Quintana: Nuestra cultura (...)
Antonio Reigosa: Que o presentaba Cristina Argenta.
Pablo Quintana: Cristina Argenta, ese era o de Radio, Radio 2 daquela, ahora Radio Clásica. No? Ese presentábao Cristina Arxenta. Eu facía ese programa, primeiro era Hoxe domingo, e logo,o,o cambiou de nome, duraba unha hora más o menos, era, creo que era os domingos despois de comer, ou,u,u a esas horas, e,e,e bueno, trataba sobre música tradicional galega. No? Entrevistas a, a músicos, entrevistas a,a,a a intérpretes tradicionais, e,e,e discos. No? Que se, que se (…)
Antonio Reigosa: Con gravaciós tamén de recollida ou,u,u?
Pablo Quintana: Con gravaciós de recollida,a,a pode que si. Non recordo ahora exactamente, pode que si. Pode que si. Bueno, no, no programa Nuestro cantar si había, había gravaciós de recollida. Si. E,e,e i,i,i despois, tamén, colaboraba, pero eu creo qu’eu traballaba, basicamente, sobre o arquivo sonoro, i sobre entrevistas que facía eu a músicos. No? O sea, para, ad hoc. Pero tamén colaboraba, bueno, fixera un programa para emisoras de,e,e do estranxeiro pa Radio Francia me parece (...)
Antonio Reigosa: Si.
Pablo Quintana: Que fixera un, i outro para unha radio checa.
Antonio Reigosa: Polonia.
Pablo Quintana: Bueno, eran desos intercambios que facía Radio Nacional. Eran intercambios de,e,e que facía Radio Nacional con emisoras da UER, da Unión Europea de Radiodifusión.
Antonio Reigosa: Si. Radio Francia, Radio Polonia (...)
Pablo Quintana: Si.
Antonio Reigosa: Radio Praga (...)
Pablo Quintana: Si.
Antonio Reigosa: I algunhas alemanas.
Pablo Quintana: Si.
Antonio Reigosa: Colaborando co musicólogo checo Karel Lachout.
Pablo Quintana: Karel Lachout, si, que era o,o,o bueno tuvéramos aí un, un intercam/
Antonio Reigosa: Canto durara toda esa serie de programas? Cantos anos? (...)
Pablo Quintana: Pos (...)
Antonio Reigosa: Canto durara?
Pablo Quintana: Pos, pos esa serie de programas debeuche durar dous anos, ou tres anos. Eh!? Antonio Reigosa: Foron intensos, logo?
Pablo Quintana: Foron intensos. Si, porque, é que no ano 85, creo recordar, créase Radio 4. Entonces, en Radio 4, en Radio 4 e,e,e tamén (...) Como era a cousa? En Radio 4, no, eu creo que en Radio 4, non fixen nada en Radio 4. Aí, xa era técnico de sonido, xa non tiña tempo de facer tra/(...)
Antonio Reigosa: Non, non aparece nada.
Pablo Quintana: Traballo. No, no, no. En Radio 4, eu, nese tempo, xa, eu entrei na plantilla de Radio Nacional como técnico de son, entonces xa me dediquei,i,i totalmente a,a,a a a o traballo técnico e,e,e descoidei, por desgracia, hoxe estou moi arrepentido, o traballo de campo. No ano 82, gravei o disco. E, por esos tempos empecei a,a,a a,a,a a,a,a a ter a oportunidade de actuar en lugares importantes. No? A conocer outras cousas. No? Outros mundos musicais, e,e,e o festival de Lorient (...)
Antonio Reigosa: Es un profesional (...)
Pablo Quintan: Unhas actuaciós en, en (...)
Antonio Reigosa: (Ti podes decir o que queiras pero eres un profesional)
Pablo Quintana: Unhas actua/ Si. Unhas actuacións en Miami, en Miami como dicen alí, e despois un día de santa Ana, creo recordar. Eso, cando é santa Ana? É,é,é en xuño, xullo. O vinte/ Despo/ O 26 de, de xullo. No?
Antonio Reigosa: Arredor, (mediaos) (...)
Pablo Quintana: Bueno.
Antonio Reigosa: Non m’acordo que día é. Daza,a,a (...)
Pablo Quintana: No. O 26.
Antonio Reigosa: Pode ser.
Pablo Quintana: Creo que é o 26.
Antonio Reigosa: Si, pode ser.
Pablo Quintana: Bueno, pois o día, o día 1 de abril de 1985 eu entrei en Radio Nacional. Entrei a traballar en Radio Nacional, fixen unha, unha oposición, e,e,e para sustituir a un técnico de sonido que estaba enfermo. Aprobei a oposición, e dediqueime a traballar en Radio Nacional, tiña algunha contratación pendiente de algúns concertos, e o día de santa Ana pois actuei en, en Mera, en Lorbé, por esa zona d’aí, de, de, da Coruña. No? Foi a última actuación que, que eu din, porque despois e,e,e un pouco cansado de pelear con as comisións de festas, un pouco de,e,e de ver, e,e,e e,e,e sobre todo eso. Non? De ter que pelear para que che pagaran o con/ o que tiñas acordado,o,o e,e,e sempre había historias, e tal, pois foi a última actuación que, por certo, foi a actuación mellor pagada que tuven. Pero ese día deixeino. Bueno, folga decir de que bueno, aquelo era,a, a a repartir entre os músicos, no? Aínda que o grupo se chamase así, pois todo cobrábamos o mismo. E,e,e entón, deixei de actuar. No? Foi a última actuación, e dediqueime completamente a traballar, bueno, poisno an/ o 24 de marzo, unhos días antes, naceu a miña primeira filla, Andrea, entón dediqueime á familia e dediqueime a,a,a a traballar á miña profesión. E centreime neso porque viña un pouco cansado de, do, do, da outra actividade. Deixei de tocar instrumentos. Deixei de, de,e,e, de,e,e o traballo metódico de, de investigar, hasta que, bueno, de vez en cuando, aparecía algo. No? E facías algunha cousa. Non? Pero,o,o cando me prexubilei e,e,e no ano,o,o dece/ no 2008 creo que foi, e,e,e volvín a desempolvar todo. Un día, un día cheguei alí, a unha habitación e vin os arquivadores que tiña, empecei a sacar papeles, e dixen: “Coño, pero si aquí hai cousas que, hai cousas que aínda non están estudiadas, dos traballos anteriores”. Bueno, e, mhm, é posible, creo recordar que antes de prexubilarme, xa empezara (…) Bueno, eu presentara moitos proyectos (...)
Antonio Reigosa: Si.
Pablo Quintana: Presentara varios proyectos, pero como non salían pois non, non, non os levei adiante. É posible que foran incluso antes. Eh!? Pero eu fixera un traballo sobre, empezáramos un traballo de investigación sobre a percusión tradicional en Galicia. Fixérao con María José Hualda, que era a compañeira de Somede, que era un artesano que había en, en, cerca de Pontedeume, e que facía instrumentos de percusión. Entonces, empezamos a facer ese traballo. Fixemos a primeira fase, e María José tuvo unha enfermedá, tuvo que deixalo. Eu presentei de novo o proxecto, aquelo estaba subvencionado pola Xunta de Galicia, presentei un proxecto para continuar, mesmamente ensenándolles o que fixéramos de traballo de campo para que viran que aquelo era un traballo que se estaba facendo con seriedade, e que se estaba facendo, e que había moito que facer. Pero claro, a, a, a, a dinámica política non era esa. No? A dinámica política era outra, entonces quedou sin apoio aquelo, aí quedou, metido nas caixas. No? Por eso encontrei, eu estudiara, fixera, empezara a estudiar sobre a zanfoña, e,e,e bueno instru/ sobre instrumentos musicais principalmente. E,e,e entonces ao ver aquelo que había nas caixas, e ver que aquelo non se,e,e tal, pois empezou, outra vez, a apetecerme a volver sobre ese traballo. No? E,e,e claro como eu pasara todos esos anos un pouco desconectado de todo o que pasara na música en Galicia, e,e,e na investigación e,e,e, dos instrumentos , pois, e,e,e acórdome que,e,e mhm acórdome pero foi máis tarde empecei a, a, a desempolvar todo aquelo i empezar, outra vez, a poñer en orden, e a investigar. E,e,e e bueno, pouco tempo despois, moi pouco tempo despois, eu creo que foi cando, cando fixen, a miña filla convenceume para, para facer un facebook, e o facebook foi o, principalmente a través do facebook eu empecei a contactar con un montón de músicos europeos e,e,e españois, e galegos que tocaban a zanfoña ou que tiñan zanfoña, porque eu quería descubrir como evolucionara, que cambios houbera, como estaba a situación nese momento. E descubrín unha gran evolución que houbera do instrumento. No? Pero tamén descubrín que aquelo que eu tiña metido nas caixas, non fora tratado profundamente. Entonces tuven aí unhos anos que bueno, anduven traballando un pouco sobre eso, despois xurxiron outras cousas, e [es]tá un pouco, aí, parado a, esa investigación i aparte que, afortunadamente, hoxe hai xente moito máis preparada, e xente que traballa moi ben pois os temas esos da, da investigación. Hai muita xente. Naquelos anos atrás había cinco ou seis.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 20 de maio de 2019 no Centro de Artesanía e Deseño do Concello de Lugo, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.