Pois eu, buenas tardes, con todo a todos...eu na miña pouca edá que teño, que xa teño pouca, sempre oín o asunto do San Cibrán onde apareceu, onde apareceu o San Cibrán, oíno sempre de pequena, apareceu un pouquiño abaixo donde está ahora a capilla, onde hai alí un, un, un (incomprensíbel) que se chama a fonte da Fraira, non vos sonará a ningún de vós?
Pois alí apareceu o santo, o (incomprensíbel) apareceu, e que o puxeron nun carro con bois tirando costa abaixo e os bois non foron capaz de mover o santo do sitio, hasta que despois puxéronlle unhas vacas e puxeron cara a arriba e as vacas levaron sen traballo ningún hasta arriba, hasta onde está hoxe a capilla. Esa é a lienda que teño eu toda a miña vida, xa desde pequena. Alí parou e alí...non se moveu máis hasta que lle fixeron a capilla alí. E alí está.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro