Pablo Quintana: Na mili, na mili entrei na banda. Entrei na banda, tuven tocando a gaita (...)
Antonio Reigosa: Onde, onde a fixeches?
Pablo Quintana: En Vitoria.
Antonio Reigosa: Ah!
Pablo Quintana: Tuven toda (...) toda, toda a mili a fixen en Vitoria de recluta, e despois, de destino. Entrei na banda, [es]tuven na banda, [es]tuven de gaiteiro, e,e,e [es]tuven nunha banda de música que tiña gaitas galegas.
Antonio Reigosa: E donde aprendiches a tocar a gaita?
Pablo Quintana: Pois a graita aprendín a tocala unha semana antes de marchar á,á,á á mili, con unha gaita que chegara á miña casa, unha gaita de Galfar da Pumarega que fora de meu avó, e que meu amó, meu avó lla vendera a Firme de Batribán que foi un, un gaiteiro moi, de moi recoñecido d'alí, daquela zona, e,e,e despois, esa gaita retornara á miña familia. E,e,e compráramoslla e retornou á miña familia, pero estaba por alí. (...) Eu non tocaba a gaita, bueno, tocaba algo a gaita, pero non era a gaita o que máis me tiraba a min hasta entón. Non? Eu tocaba a guitarra principalmente, tiña unha zanfoña, antes de ir a mili que me fixera Iglesias de Carballo, e,e,e bueno, temos ido a Portugal con Xico, bueno, muitas, [es]toume acordando ahora polas fotografías que se me veñen á memoria. No? E,e,e entón, pois e,e,e unha semana antes de marchar facer a mili, pois dixen eu: "Bueno, eu teño, aquí, que coller soltura con a gaitiña aquela que había alí, e alí no convento pois ensayaba tódolos días. E,e,e entonces o meu propósito era ese, no? Quedarme na, na banda, e conseguino. Conseguín quedarme na banda, na banda, e,e,e tódolos músicos que había de gai/ tódolos gaiteiros que había, eran, eran, eran ou ben valencianos, ou cataláns (...) e,e,e bueno pois alí fun collendo máis prática, máis (...)
Antonio Reigosa: I o gaiteiro galego.
Pablo Quintana: I era (...)
Antonio Reigosa: Galego asturiano.
Pablo Quintana: Fun o primeiro gaiteiro galego e,e,e o que non dixen antes foi que, non sei, creo recordar que non dixen antes, que donde eu nacín é unha zona qu'está entre o Navia e o Eo, no? Que é unha zona donde ten unha lengua e,e,e unha lengua galega, e unhas tradiciós i unhas costumes e,e,e que teñen que ver totalmente con Galicia. No? Entonces, sempre houbo en min, unha relación hacia a cultu/ a cultura galega. No? Entón, bueno, aprendín a tocar a gaita aquela, e na mili, pois, un día chegou un sargento, alí, e,e,e un sargento, no, un brigada, preguntando cando aínda éramos reclutas, os primeiros días, si había algún músico, alí, nunha charla donde nos estaban ensinando, pois, os galóns e todas esas cousas, diferencialos, a, a, aos militares. I eu, xa enseguida pois apunteime, e tal. E, e,e,e díceme, díceme o brigada, dime, dice: "¿Tú que tocas? Dixen eu: "Yo toco la gaita". I o tío mirou pa min, e díxome,e,e: "¿No serás gallego?". E dixen eu: "Sí. Claro". E di/ Entonces, xa, para a banda. Xa, xa meteu paa banda, e cando cheguei alí, qu'estaba no monte os músicos (...) Alí, era, era un centro de reclutas, entón ensayaban no monte, e estaban alí entre os árboles, e,e,e e,e,e cando cheguei, dice, bueno: "Vaite p'aí", e tal. E, cando cheguei alí, non sei como lle chegou a noticia, pero xa decían: "Tu eres o galego que,e,e. Tú eres el gallego que viene aquí a tocar la gaita? (Decía eu): "Si". "Bueno, Dios!". É que había non sei cantos anos que non houbera un galego tocando a gaita na, na, na banda. Entonces, bueno, pos [es]tuven bastante ben alí. Antes d'acabar a mili, vouche contar que, e,e,e bueno, un dos músicos que había de gaiteiros, alí, era Carles Cases. Carles Cases era un músico e,e,e que tocaba con Lluís Llach. Despois tocou, tamén, con Lluís Llach. Era pianista. Era moi bon pianista. I Carles Cases i eu tuvemos muita afinidá, muita afinidá i, i muita relación. No? Recordo que Carles Cases me gravara, eu, daquelas, por aqueles anos salira o cancioneiro de, de, de,e,e o de Casto Sampedro ou de Bal y Gay, un destos cancioneiros. No? I eu leveille o cancioneiro, e pedinlle que me tocase no piano, pois unha serie de canciós. Eu creo que o de Bal y Gay que mo gravou enteiro, porque tiña unha cousa que se chamaba, me parece que se chamaba o pase de pernota, i, entonces, el dormía fóra. No? Entonces, iba durmir, el iba a unha casa donde había un piano, dispoñía dun piano. Entonces, el foime gravando, aínda conservo o casé. Foime gravando tódolos temas. No?
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 20 de maio de 2019 no Centro de Artesanía e Deseño do Concello de Lugo, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.