Pablo Quintana: Eu pensaba ser, eu pensaba se,e,er o sea,eu, a miña idea era ser piloto de aviación, logo, afortunadamente, non o fun.
Antonio Reigosa: Pero fixeches algunha proba. Ou algún? (...)
Pablo Quintana: No, no, no. A proba que fixen foi que me matriculara en física e matemáticas que eran as asignaturas que eu entendía que tiña que es/ ou sabía, ou debía saber algo de que me iban a pedir para estudiar esa, esa formación. Pero, claro, aí eso xa era mui complicado, entón, claro, ao non pasar aquel primeiro ano pois houbo que,e,e decidirse por outras, por outras opciós, no? Entón, a opción que, que se me, que,e,e que elexín foi facer aparelladores. A min, gustábame xa moito a arquitectura, sobre todo a arquitectura popular. E, sobre todo, desde qu'esa época que era pequeno, que iba aos muíños, entonces eu anotaba, da arqui/ bueno da arquitectura popular de, da/ daquela zona de, de Vilanova de Oscos, máis concretamente que dos Oscos porque eu salía pouco d'alí, non tiña medios pa salir, fóra do meu propio concello, non? Quero decir. E,e,e entonces pensei estudiar aparelladores. Gustábame, gustábame,e,e a arquitectura. Entón, pois e,e,e pedín outras optativas que ao final, o, o, as voltas que dá a vida, volveron a aparecer a física i a química máis adiante; a física i as matemáticas. E,e,e entonces, pois, repetín COU alí en Ribadeo. Fun facer a, a oposición a, a Santiago de Compostela e, aquel vrao. E,e,e e despois, xa, pa o ano seguinte, xa, me fun para unha pensión á,á,á á Coruña. Foi no ano 75. Foi no inverno do 75, acordareime ben porque nese inverno, pois, foi mui sinalado. No? E,e,e e,e,e e alí estuven, debín estar tres anos, estudiando aparelladores, no? Pedindo prórrogas para o servicio militar ata que, bueno, eu aprobaba, eu pasaba, desde o primeiro momento, pasaba as asignaturas específicas, digamos, de, de arquitectura, non? A, a, o dibuxo (...) o dibuxo técnico, a cons/ construción, materiales de construción. Todas esa cousas, non? E,e,e pero claro, esas outras dúas asignaturas non me deixaban seguir. Entós, houbo que plantearse ou, ou, ou buscar outra vía, ou facer a mili que xa se fora retrasando. No? Entón, fun facer o servicio militar. En esa época que eu vivín na Coruña, antes de facer o servicio militar, eu din bastantes concertos no,o,o no,o,o polas zonas, polas asociacións culturais de,e,e de Coruña. No? E acompañei algúns músicos como Carlos, Carlos García Casás que inda sigue cantando algo por aí. E bueno, e compartín escenario con, con xente que, se aquel, aquel pulo que me dera Miro Casabella me,e,e me fixera,a,a algo no interior, pois eso seguiu incrementando pois ese, esa paixón pola música.
Eu non toquei con Arrabaldo, eu non era mem/ non era membro de Arrabaldo, pero eu conocín, conocín a Xico de Cariño, e non sei como, nalgún, nalgún, nalgún, nalgún, nalgunha actuación, nalgunha actuación. Fixémonos amigos, Rosa, Xico e os músicos de Cariño que tocaban con el. No? Debemos coincidir tocando. Si, coincidimos tocando nos Castros, nos Castros, nun, nun festival que había alí nos Castros. Ahora m'acordo, aínda teño fotos desa actuación afortunadamente. Que non teña moitas das actuaciós miñas! E,e,e entonces empezamos, bueno, como,o,o vivíamos o mundo da cultura popular, de todo eso e da música, pois e,e,e empezamos a,a,a a proposta de Xico que era o que tiña o coche i o que,e,e máis dinamizaba todo esto, pois empezamos a,a,a a tocar por distintos pobos de,e,e de Galicia. Eu creo que de,e,e (...) a provincia da Coruña; Lugo, non recordo, pero Pontevedra, si, tamén. Íbamos nun, nun 1500, nun coche 1500, ranchera desos que tiña Xico; íbamos, alí, non sei, que sería pa todo o grupo del, que serían catro. Iba Rosa, a súa muller; iba, a que de entón era a miña moza, Charo, e,e,e en moitas ocasións viña o Xestal con nosoutros, porque montamos un espectáculo a todo meter. E,e,e entonces o que facíamos nosoutros, eu non sei, mon m'acordo como programaba Xico, pero chegábamos a,a,a a,a,a a loca/ locales parroquiais, a asociaciós culturais, asociaciois de vecíos i así, e acórdome que íbamos, eu creo que íba/ qu'eran os domingos ou sábados, chegábamos alí, tal, pola tarde, como no coche iban os instrumentos, todas esas persoas e un equipo de amplificación e,e,e pois montábamos o,o,o o,o,o o concerto, e alí pois e/ e/ e/ eu tocaba pola miña parte, acompañábame Xico ca harmónica, e Manuel Galcerán, que logo gravou o disco comigo, coa guitarra e con mandolina, con outros instrumentos. Un gran músico Manolo! E,e,e despois actuaba Arrabaldo, e tamén, despois, o Xestal contaba unhos contos. Non recordo si algunha vez, creo que si, veu tamén Antón, é posible que viñera o mago Antón, tamén, a (...)
Antonio Reigosa: A eses espectáculos.
Pablo Quintana: A eses espectáculos. E, mesmamente, un que demos en, en Bretoña, ou por esa zona d'aí, tamén viñera,a,a Manue,e,el, como se chamaba, Manuel do (incomprensíbel) Copo da Lúa, ou e,e,e (...) O mago que é cura?
Antonio Reigosa: Ai! Xosé Manuel Carballo.
Pablo Quintana: Xosé Manuel Carballo que se chama Xosé Manuel do Corno da Lúa.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 20 de maio de 2019 no Centro de Artesanía e Deseño do Concello de Lugo, co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.