Antonio Reigosa: Este fento como se chama? S'é que é un fento? Parece.
Xusto García Castro: Pois vamos a ver. Mire, este xa ten (...) aquí por detrás vese (...) Ustedes conocen esto, ao millor co/ co/ conocerán porque en Galicia hai, e,e,e e fóra de Galicia, casi nunga salgho, eh!? Pero hai, pero hai outro que é igual a este, máis ou menos. Cal é o macho, cal é a hembra?
Público: A femia p'aquí, i o macho p'alí. A fenta i o fento. Ou non?
Xusto García Castro: Bueno, aquí, vounos sacar eu da duda. (...) Aquí, aquí chamámoslle fento, pero en realidá, é a fenta, qu'este é o macho, i esta é a hembra. A muestra, mira, ahora empeza a ter aquí por atrás, aquí, eu non o vexo moi ben.
Antonio Reigosa: Si.
Xusto García Castro: E bueno, véselle que lle sale, xa,a,a (...)
Antonio Reigosa: Si, si, si.
Xusto García Castro: Ves como ten? E nas follas.
Antonio Reigosa: Ah, si, si, si.
Xusto García Castro: A semilla pa,a,a (...)
Antonio Reigosa: Si, si, si. Este, sobre todo ese. E entón este (...)
Xusto García Castro: Este é o macho.
Antonio Reigosa: É macho, i esta é a femia.
Xusto García Castro: Aquí é ao revés, aquí chamámoslle, este, chamámoslle fento, i a esta chamámoslle a fenta.
Antonio Reigosa: E, pra, e pa que os usa, se é que usa pa algo?
Xusto García Castro: Uf!
Antonio Reigosa: Infusiós, ou fregas, ou que?
Xusto García Castro: Esto xa,a,a no Son d'Aldea, unha vez xa lle expliquei. Tiña dez minutos (...)
Antonio Reigosa: Eu non estaba.
Xusto García Castro: Tiña dez minutos pa esplicarlles (incomprensíbel) Mire, este, teñen, más ou menos, as mismas propiedades. E,e,e porque os dous, os dous son fentos.
Antonio Reigosa: Si.
Xusto García Castro: Este, eu recordo, xa, a xente maior que ahora, alí, no pueblo os que son más ou menos da miña edá, os pobres están maltrechos, e os outros morreron. Non?
Antonio Reigosa: Eses, nada.
Xusto García Castro: E usaban, eu fijábame, xa, can/ cando era rapaz, fijábame, que moita xente usaba, usaba plantas, e co fento falaban que,e,e que o usaban, incluso, i é verdá, usté colle unha, un manojo de fentos e lévao á cama, anque seña no mes de xaneiro, e métese encima sobre todo cando tiñan reuma ou ciática, e vai moi ben. Dorme como los lirón. No mes de xaneiro (incomprensíbel) i empeza a sudar.
Antonio Reigosa: Si?
Xusto García Castro: Si. Si.
Público: Pero, donde dormen millor é encima das ortigas. Ou?
Xusto García Castro: O das ortigas ou/ ou/ outro día.
Antonio Reigosa: Entón eso pa curar dores reumáticos, ideal?
Xusto García Castro: É que hai plantas, normalmente, normalmente, ou casi tódalas plantas sirven pa moitas cousas non concretamente pa unha.
Antonio Reigosa: Claro.
Xusto García Castro: Por eso ahora usté recorda, pero,o,o a ortiga que non sei (...)
Antonio Reigosa: É esta ou non?
Xusto García Castro: Por aquí ten (incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Estas son ortigas. Parece. Si.
Xusto García Castro: A ver. Esta, esta é ortiga con (...) xa leva unha semana que a levo cortada co, coa, coas flores (...) Bueno. A, a ortiga tamén sirve para infinidá de cousas, pero siempre (incomprensíbel) pa,a,a pa dar, flagelarse con ela, e depende o que o fixera i en donde. Non lles vou contar todas as historias pero, sobre todo, pa en/ pa entonarse, dábana sobre o,o,o (...)
Antonio Reigosa: Así, por diante? Pa entonarse, así.
Xusto García Castro: Na zona do ombigo. Na zona do,o,o do ombligo, por encima (...)
Antonio Reigosa: Unhas fregas.
Xusto García Castro: E más (incomprensíbel) E se ve que, se ve que entonaba moito porque, alá, en Gascuña (incompensíbel) había un francés que por, pola mañana de madrugada, era u,u,un un coronel retirao, (jo) co tío aquel, no inverno s'iba ao campo, pero tódolos días, non fallaba, eh! i eu pensei que o faría certa época, era mui mujeriego, se ve, porque en Pau era conocido como a, era tan conocido como a ruda. E,e,e e íbase pegar tódalas mañás, de madrugada, un baño de ortigas. Despois andaba de paseo pola, por Pau. Xa as mulleres conocíano como a ruda.
Antonio Reigosa: Entonces, así pa riba, por encima, ou así ao redor, ou como é? Porque a min interésame eso.
Xusto García Castro: Flagelarse.
Antonio Reigosa: Ah, dar golpes, dar golpes! Ou fregarse?
Xusto García Castro: Se non, faga como o gascón, revolcarse e,e,e non fai falta collela, revolcarse nela, pero ten que ser desnudo, non? Non coa roupa.
Autor/a da transcrición: e~xenio