Cando cheghou Ramiro a,a,a santo Xusto, e,e,e xa se celebraba o antroido (...) Téñollo escoitado eu. Daquela estaba casi prohibido, pero nas aldeas, pois, como non trascendía moito o asunto porque iban facendo, iban facendo a vista gorda, e santo Xusto foi unha das que conservou no antigo (...) seguía seguía celebrando o antroido. E,e,e pero facíano nun plan, pois eso, cada un facía o que podía ou o que lle salía, vestirse de,e,e vestirse de farrapos, (incomprensíbel)á xente, botarlle augha por riba e,e,e o (incomprensíbel) ou facer bromas e tal, pero pouco máis, non había nada así mui (organizado).
Decíase corre-lo antroido, corre-lo antroido, correr o carnaval era o que se decía. E el vendo que había vontade, e que había madeira, e que había de donde sacar, e,e,e quixo facer algo distinto, e púxose ao frente coa idea de,e,e organizar un pouco e xuntar os que faci/ xa facían cousas e os que non, é facer algho máis ghrande. E conseguiu, pois eso, facer algo máis organizado, máis participativo, máis artístico, respetando a esencia anterga, e,e,e respetou, quedouse cos persoeiros que viñan de tempo inmemorial. Quedouse cos xogos, con moitos dos xogos; algús descartounos qu'eran algho brutos, según tiña dito el, e,e,e as vestimentas de papel de coloríns que levaban as, as mozas, e foi introducindo algunha innovación como pequenas pezas teatrais, música, o baile, e,e,e despois o plato forte qu'era a ruada á noite. Xuntaba,a,a a tódolos veciños na noite de, despois de que se acababan os traballos do vran, e,e,e mozas e mozos, e vellos e nenos, e entre todos, pois, discurrían e armaban o que iba ser a festa grande de Santo Xusto. E,e,e foi, cheghou a ser festa ghrande que,e,e incluso, nos derradeiros anos, viñan autobuses de (incomprensíbel) de por aí, darredor, e,e,e traendo xente á festa.
O día forte era o luns, teño entendido, i o martes tamén había troula pero xa era un pouco máis interna. E,e,e xa desde a mañán andaban os (incomprensíbel) botando cinza coas vinchas do porco cheas de,e,e de borrallo das lareiras e das pateiras, e despois había desfile pola tarde, había música; cada ano algho distinto. Pero, o,o,o o que nunca faltaba eran os persoeiros principais qu'eses si estaban todos os anos. Todos os anos había algunha innovación e algunha cousa nova, pero os personaxes eran: vaca, burro, o antroido que anda por aquí, por atrás, e a súa dona (Xoana). Trouxemos, así, unha representación de cada, de cada un. A vaca e,e,e o burro andaban e,e,e toda a tarde espelindo no público que estaba polas beiras pa que non se aburriran, pois facendo que escornaba, facendo que,e,e, facendo que,e,e o outro facendo que couceaba, e tal e cual, e a xente espabilaba pa un lado e pa outro. O antroido iba nos desfiles tocando os testos porque é un antroido, é un antroido mecánico. Iba aquí, metíase un mozo aquí debaixo, e iba tiran/ e iba tocando os testos ao son da música.
E,e,e facemos unha demostración de como a vaca facía o (...) A vaca iba co,o,on unha estruturilla de varales de madeira, a cabeza (...) A vaca orixinal perdeuse por aí nunha, que a prestamos, perdeuse, e fixemos esta,a,a esta fíxoa Jaime así pa, pa ocasión do Son d'Aldea.
((Representan como se movía a vaca)) ((Aplausos))
Bueno, pois, cubríase con limpeiros ((Aplausos) Cubríase con limpeiros ou con algho que lle daba o aspecto de,e,e e,e,e cando éramos pequenos (...) Aquel acórdase de que vía os zapatos de seu tío Paco, os zocos, non, e non, non lle collía ben na cabeza (o conto) (...) Esa vaca cos, cos zocos de seu tío.
Bueno, pois despois á noite, todos ao curro de Balboa, que é un sitio cuberto, e estrado de palla limpa e o público,o,o (...) Os graderíos eran as huchas i as mesas que se poñían darredor, e a,a,a leña, a xente subida, o público todo subido polas huchas e polo, polas mesas. Os camerinos eran a corte da,a,a da becerra e mala a vaca qu'estaba ao lao, e na cociña qu'estaba un pouco más p'atrás. E,e,e pois veña, face-los xogos, recreaciós de historias reais e historias fantásticas, e todas relacionadas pois co mundo da aldea, claro. E,e,e alghunha (incomprensíbel) burla á igrexa, sin pasarse, e,e,e ás autoridades, aos ricos, así, un toque pero sin pasarse.
E,e,e bueno, pois Ramiro era o aglutinador, o que pasa que o tiña (...), había moita xente daquela nas aldeas, contaba coa axuda de, das xentes das casas, a súa familia, (cos) os do Picho, e,e,e xa seu pai, o señor Manuel do Picho era mui, mui argalleiro, i os novos tamén. Os de Bruno, os de (incomprensíbel), os de Outeiro. Suso participou naquelas (...) Nós partici/ Eusebio e mais eu (...) (Suso) do Sastre. Jaime participou, m'acordo de velo alí participando. Eusebio e mais eu éramos pequeñajos e participamos. (...) E Carlos participou, tamén, (incomprensíbel)E,e,e as historias, e,e,e e Roberto, que nos falta, qu'era un do/ un colaborador principal de Ramiro. (Incomprensíbel) ten a testa de vaca.
As historias e os contos, pois, cambiaban cada ano pero alghunhas eran, alghunas habíaas fixas, e con alghunha variante ou alghunha sorpresa. I acórdome, por ejemplo, a dos sachadores que (de) si, si participamos de, de nenos, qu'era unha cuadrilla de sachadores que o Roberto era o,o,o era o encarghado de contratar ao,ao,ao ao patrón. E,e,e cando viña o patrón, xa non eramos sachadores, eramos, e,e,e xa non me acordo, segadores. (...)
A historia, as historias eran todas así. Había a (do pincho a devesa) ou unha cousa, así, parecía, que,e,e era un que iba pinchar árbores á finca do veciño, (...) e ao final acababa,a,a acababa morto, i acababa o enterro, alí, cunha pila de curas e,e,e e un latín, un latín mui, mui orixinal (incomprensíbel)
Bueno, esto, o os responsos eran largos e mui ((Intervén un acompañante)) Dixo: "E, e ti es cura?". Elaborados pero no, non os acordamos. Eh, José Manuel! -"E ti es cura, ho!? -"Son ho, e mais dos bos". E díxolle: "Eu o teu latín non o entendo e eu (incomoprensíbel)".
Despois había a, a vaca acababa morrendo tamén, e partíase,e,e partíaa (Remero) en anaquiños pa os pueblos darredor,a cada pueblo un anaco, e iba facendo a partixa,a,a cun, rimando co nombre dos, dos pueblos.
E dos xogos? Pois había e,e,e moitos e,e,e (incomprensíbel) botábanse unhas cantas horas de, de risas na noite. E,e,a algúns, pois viñan, nótase que viñan moi antiguo, e,e,e pois xa se nos esquenceron case todos, pero bueno. Lembramos o,o,o o da vela e o adival que teño, así, unha idea de que se facía; o das nadeghadas que era coa sola dos zapatos, un darlle no, unhas labazadas no cu ao outro (...) E os (santo amarghao) (santo amarghao) que me acordo de Jaime de ver faceller o santo amarghao que poñíanlle un, unha cunca (...) ((Intervén un acompañante)) Era un barreño de madeira na cabeza (...) Porque de vez en cando caíalle u,u,un pau tamén. ((Intervén un acompañante)) E (despois) por abaixo metíalle un saco (...) Un santo que non se portaba ben. ((Intervén un acompañante)) Metíalle un saco, e el estaba dentro, e entonces (incomprensíbel) Dixo: "Arrodíselle usté". -"E podrei?". -"Podrá usté". (...) Pois (...) (Incomprensíbel) Dice: "Mírelle si ten lengua". -"E podrei?". E sigue, así, toda a noite.
O,o,o de busca muller que era como o das sillas d'aghora de,e,e que falta unha silla, e queda un sin bailar (...) había unha moza de menos e o quedaba levaba unhas labazadas por non espabilar. I, aquí, imos facer o do mel que é unha cousa, así, que (si vos acordades) que é o que vai ao mel. Poñédevos. O do abellón. O do abellón eso. O que está no medio, o qu'está no medio anda,a,a metido, metido no enxamio ahora qu'está de moda. (...) E vai ao mel, e,e,e (...) ((Intervén un acompañante)) Bueno, ben entendido, este xogo consiste no siguiente, s'a min, algún destes me pincha a boina pasa p'o meu sitio e, e (para) de levar hostias.
((Representan o xogo)) ((Risas e aplausos do público)). Este era un dos moitos xogos que facían. E, bueno, pois esto foi, así, un pequeniño esbozo (...) do que era,a,a aquela festa.
Eu sempre lle oía a miña nai que cando,o,o o martes á noite, cando se acababa todo, marchaba pa casa chorando tódolos anos porque a verdá é que era,a,a unha, pasar unha aleghría grande despois a unha (...) a unha tristura.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Demostración de xogos a cargo de Eusebio Varela, Suso, Carlos Villamor e Jaime Villamor.