José Manuel G. Miguélez naceu en Santo Xusto (Palas de Rei) no ano 1961. Estudou na escola de Maestría Industrial de Lugo especializándose en telecomunicacións. Traballou en Telefónica, compaxinando a vida laboral con estudos na Escola de Arte e Deseño de Lugo e de psicoloxía na UNED.
De neno empezou a tocar a frauta e a filharmónica mentras gardaba as vacas, e enseguida se fixou nel Ramiro Villamor, gaiteiro de Santo Xusto, que o levou consigo por innumerables romarías. Toca gaita e acordeón, que foi aprendendo da man de Ramiro e os seus fillos e netos, e doutros amigos: Luís Afonso de Monterroso, Fran Cupeiro, Marisa Dapereira ou Brais Monjardín. Tamén escribe de cando en vez, sendo gañador do derradeiro certame de poesía da revista literaria A Pipa de Becerreá. Na actualidade vive en Lugo e toca co grupo de pandeireteiras da Escola de Música do Concello, para o que compuxo algunha peza musical.
Coa colaboración de Eusebio Varela, Suso, Carlos Villamor, Jaime Villamor e Toño Núñez.