Vou falar un pouquiño de Ramiro, brevemente (incomprensíbel) e,e,e gaiteiro de santo Xusto, pai de Jaime e de Carlos, veciños noso e, sobre todo, pois amigo. E,e,e o que queira ampliar, xa,a,a o contou Reigosa, o que queira ampliar e coñecer detalles polo miúdo deste,e,e noso gaiteiro, pode ler o libro escrito polo seu neto Bruno que recopila vivencias, imaxes, anédotas, cántigas, incluso, algunhas partituras e pezas que el interpretaba, algunhas, mui antiguas, qu'el chamaba: "Do fondo da hucha". E e,e,e aí pois hai unha (...) máis completa, por suposto, semblanza de,e,e Ramiro da qu'eu vou facer agora mismo.
E,e,e támén (incomprensíbel) puxen, así, algún grauciño de,e,e da miña area porque e,e,e, compartín (aínda) de horas con el, como dicía o Carlos (incomprensíbel) cando faltaba Jaime, ou cando faltaba (...).
I as miñas primeiras esperiencias musicais foron con el, i as miñas, alghunhas, moitas vivencias, tamén, foron con el.
E,e,e Ramiro naceu no 1913 en Vilouriz, concello de Toques, por certo, pretiño de,e,e de onde naceu Curuxás. E,e,e e despois de,e,e varios avatares da vida, guerra incluída, pois chegou a Santo Xusto, i alí casou, i alí tivemos a sorte e,e,e que vivira o resto,o,o da súa vida. I, alí, e,e,e se fixo gaiteiro porque el tiña xa as inquedanzas musicais, xa as tiña, xa tocaba a flauta, xa tocaba a percusión, a caixa creo que veu da guerra, o,o,o (...) o bombo comprouno por aí, tal, bueno. Pero, onde se fixo gaiteiro pois foi, onde empezou ca gaita foi e,e,en Santo Xusto. E,e,e fíxose gaiteiro e trasmiteu, pois eso, a súa arte aos seus fillos, que están aquí algús pero todos tocan algún instrumento; aos seus netos que todos tocan algún instrumento, creo, sacando por aí algunha escepción rara (...) E son moitos, e todos tocan algún instrumento, e algúns son profesores; algúns son profesionales da música.
E,e,e bueno, que decir de Ramiro? Pois era, sobre todo, unha boa persona. Todos os que,e,e (...) Era dos Bos e Xenerosos, daqueles que di o,o,o o poeta. Todos os que o coñecemos coincidimos nesa (valoración). Están aquí os veciños de Santo Xusto, e todos sabemos, os que,e,e os que o conocemos qu'era unha boa persona.
Era un filántropo, desprendido; sempre disposto a axudar a,a,a aos demais. Nunca tiña perda de, de facer calquera cousa que lle pediran, e sempre disposto a, a colaborar, a beneficiar a quen fora. I era, pois eso, un home de sensibilidade esquisita, un artista do pobo que non gozou de,e,e naqueles tempos doutras oportunidades que non as había, e,e,e pero,o,o eso, foi un autodidacta, pero dáballe a xeito a todo o que se poñía. E, tiña unha cualidade única naqueles tempos da miseria, qu'eran moita miseria, era unha cualidade única que valía moito, que lograba sacar (incomprensíbel) ledicia, de,e,e onde parecía qu'era imposible. Daquela tristura, daquela negrura, el sempre sacaba, pois eso, o sorriso, unha,a,a festa, un baile, unha alegría. E,e,e facía doado o que parecía difícil. E dicían daquela: "Dálle a todo". I é verdá que lle daba a todo, porque heime esquecer dalgunha profesión, do que fixo, pero, pero el estaba sempre traballando, argallando, e sempre animando no que podía: de albanel, de carpinteiro, de canteiro, de ebanista, de zoqueiro, de barbeiro, de labrego, de gaiteiro, tamén. E,e,e seguro que m'esquece, aínda, algunha das cousas que (incomprensíbel). Pero eso, estaba sempre, pois, traballando e, nos minutiños que tiña libre, sempre, argallando de facer algo bonito, algo distinto. E,e,e daquelas había xa e,e,e naquela época de pocos gaiteiros, foi unha referencia pois por iso, había moi pouquiño, tal. Empezou, houbera algunha banda de música que se foi,i,i que se desapareceu; empezou a haber algo nas orquestas, pero o gaiteiro de Santo Xusto tiña sempre, tiña o seu público e tiña o seu sitio nas romerías, e tiña o seu, tiña os seus seguidores. Cos seus fillos, algún aínda ben pequeno, Carlos cando empezou era pequiniño que o levaba aquí, no carrelo, como se di aquí, outros iban a pé, a poñer aleghría por aí nas romerías (incomprensíbel) en bicicleta, pero iban, pois eso, repartir algo de alegría polas nosas aldeas.
E,e,e foi tamén como veremos despois, o artífice principal o que lle deu sona a,a,a ao entroido de Santo Xusto; foi unha festa das grandes nos seus tempos. E,e,e cando Jaime se fixo,o,o mozo, cheghou a hora de (incomprensíbel). Cando Jaime se fixo mozo marchou por aí,í,í traballar polo mundo adiante, pois tuven a sorte que se fixou en min, e eu tamén tiña así, xa me gustaba a música; claro, el debeuse dar conta, e fixouse en min e levoume a tocar con el. E, por eso, pois coñézoo ben, e de primeira mau, a calidade artística e humana de Ramiro, o querido que era, e o mérito que tiña o que facía naquel período escuro e triste da nosa historia recente, como xa dixen. E por eso con tódolos veciños pois sempre,e,e que podemos, pois,s,s témoslle o reconocemento e a homenaxe e,e,e á súa figura. E,e,e e,e,e cando morreu e,e,e escribinlle un poemiña, e tal, e,e,e vouno ler, se queredes, e despois rematamos e,e,e con outra peza das que tocaba el, daquelas que me traen a min recordos da romería daquela época.
Autor/a da transcrición: e~xenio